ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 25 de fevereiro de 2010

Declaración conxunta dos Partidos Comunistas e Obreiros dos países da UE



A reunión da UE de Xefes de Estado do 11 de febreiro sinala un novo ataque grave contra a clase obreira e os pobos de Europa. As resolucións da Cimeira, de conformidade coa "Estratexia da UE 2020", que promove e profunda a estratexia de Lisboa, intensifica a politica antipopular da Unión Europea e os gobernos burgueses por medio de duras medidas contra a clase obreira e o pobo. Tratarase de reforzar a rendibilidade dos monopolios europeos, tanto dentro da Unión Europea como na competencia imperialista internacional.

A estratexia da UE para unha saída da crise baséase na imposición de cambios radicais nos sistemas de seguridade social, no aumento da idade de xubilación e en drásticos recortes aos salarios, as pensións e as prestacións sociais no seu conxunto. Este ataque leva o selo das forzas liberais e socialdemócratas que apoiaron a estratexia do capital en cooperación coa Unión Europea.

O déficit e a débeda pública e a supervisión das economías de varios Estados membros como Grecia, Irlanda, Portugal, España e outros países utilízanse para a intimidación ideolóxica dos traballadores de toda Europa.

As empresas transnacionais e os bancos conseguiron inmensos beneficios a través da explotación dos traballadores e das subvencións estatais e exencións fiscais, tanto antes como durante a crise. Na actualidade compiten pola maior parte dos novos préstamos. Unha vez máis, pon a carga sobre os traballadores, os pobres e as pequenas e medianas explotacións agricolas familiares e os traballadores autónomos por medio do alarmismo e da intimidación.

O espírito da resistencia  estase a intensificar entre os traballadores europeos que non están dispostos a asumir o custo da crise posto que eles non son os responsables no máis mínimo. En Grecia, Portugal e outros países, os traballadores, funcionarios públicos e agricultores pequenos e medianos estan realizando manifestacións públicas e van ir á folga en contra das medidas de austeridade adoptadas. Os Partidos Comunistas e Obreiros asinantes están desempeñando un papel protagonista neste movemento, estando á vangarda da loita de clases.

Os Partidos Comunistas e Obreiros chamamos á clase obreira e aos pobos de cada país para que organicen o seu contraataque e condenen aos partidos que apoian a ofensiva antipopular da Unión Europea, para que reforcen as filas do movemento sindical clasista, para que rexeiten a colaboración social que promove politicas antipopulares e dean unha resposta firme ao ataque contra as clases populares, esixindo no seu lugar: o pleno emprego estable e con dereitos plenos para todos, aumento substancial dos salarios, a supresión de todas as leis anti-sociais e anti-laborais, a redución da idade de xubilación e unha educación, sanidade e servizos sociais exclusivamente gratuítas. Os traballadores poden vivir mellor sen os capitalistas, son eles quen producen a riqueza e polo tanto, deben gozar dela.

================
  Os Partidos

* Workers' Party of Belgium
* Communist Party of Britain
* New Communist Party of Britain
* Communist Party of Bulgaria
* Party of the Bulgarian Communists
* AKEL, Cyprus
* Communist Party in
* Denmark Communist Party of Estonia
* Communist Party of Finland
* Communist Party of Greece
* Hungarian Communist Workers' Party
* Communist Party of Ireland
* Workers' Party of Ireland
* Party of the Italian Communists, Italy
* Socialist Party of Latvia
* Socialist Party of Lithuania
* Communist Party of Luxembourg
* Communist Party of Malta
* New Communist Party of the Netherlands
* Communist Party of Poland
* Communist Party of Slovakia
* Communist Party of Peoples of Spain
* Communist Party of Sweden