ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 13 de maio de 2010

RESOLUCIÓN CONTRA AS POLÍTICAS DO GOBERNO E O CAPITAL

O GOBERNO, SUMISO AO MANDATO DO CAPITAL.
O COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE CHAMA Á MOBILIZACIÓN SOSTIDA E Á FOLGA XERAL



RESOLUCIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO



Todos os esforzos  das   estruturas de  dominación do capitalismo español estuveron centrados, estes dous longos anos, en tratar de apontoar o sistema e evitar a súa quebra total.

Os acontecementos das últimas semanas puxeron de manifesto    a inutilidade destes esforzos    Así, a mesma voracidade do sistema mostrábase como o seu principal problema. Nunha situación de naufraxio das distintas estratexias postas en marcha para tratar de reverter a situación, son os mesmos tiburóns financeiros    quen se abalanzan sobre as novas dificultades da economía española       para tratar de obter novos beneficios, nunha acción suicida que leva á quebra dos seus propios intereses.

Chegado o momento os  máximos  representantes do  imperialismo,  -a UE por unha  banda     e o Presidente Obama por outro- optaron por impor, sen máis contemplacións, o ditado do capital.   E o caótico goberno do PSOE obedece sumisamente, sabendo que xa se lle acabaron todos os prazos,    e que non caben máis fuxidas cara adiante, como estivo facendo até agora. Se se goberna neste sistema é para obedecer aos amos.

As medidas anunciadas por Zapatero son     un ataque directo contra as grandes    maiorías traballadoras e un respaldo aos intereses da oligarquía, ao capital financeiro e á gran patronal. E no Parlamento ninguén expuxo unha posición claramente enfrontada a esta estratexia. O PP, aínda que critica, aplaude porque é a súa política a que avanza. Unha vez máis no Parlamento, non se escoitou a voz do pobo traballador.

Os ataques de agora aos salarios do funcionariado e o recorte das pensións, son un preludio da anunciada e inminente contrarreforma laboral que reducirá os dereitos da inmensa maioría da clase obreira.

Estas medidas do goberno non tocan ao sector financeiro, nin ás grandes fortunas, nin aos grandes beneficios empresariais. É un plan á medida da oligarquía, para que siga co seu  espolio xeralizado  do  país e  das súas xentes. A CEOE volve ser a gran gañadora.

As presións para o Pacto Social intensifícanse, e a mesma monarquía -hai uns días-, volveu facer chamados á submisión, como sempre.

En plena agudización da crise, a UE destapa con máis evidencia o seu carácter imperialista, e a dominación do eixo Berlín-París. A soberanía nacional é unha peza de museo para o capitalismo.   
As condicións impostas a Grecia, para “socorrer” á súa economía, significan un ataque frontal á clase obreira grega, a quen -como sempre- se quere facer pagar en exclusiva a situación de quebra económica. Mentres ao capital financeiro non se lle pon unha soa condición. Como resposta a clase obreira grega -o PAME e o KKE-, resiste esta estratexia, e está a protagonizar a   primeira  gran  loita  obreira  e  de  masas   contra o proxecto imperialista da UE.

Hoxe é necesario responder a estas políticas  coa  mobilización  sostida  dunha  ampla  unidade  das  forzas populares e   revolucionarias, para chegar a unha folga xeral que empuxe unha saída distinta da crise.

O Comité Executivo do PCPE   chama  á clase obreira, e  ao conxunto dos  sectores populares, a  non aceptar ningunha das medidas que a oligarquía quere impor para tratar de manter a súa hexemonía; pois todas elas van na dirección contraria aos nosos intereses, e a súa finalidade non é outra  que  tentar de  facer pagar a crise a quen non temos ningunha responsabilidade nela.

O capitalismo hai tempo que non ten nada positivo que ofrecer ás grandes maiorías, e si tan só ás oligarquías parasitarias de cada país    Hoxe a actitude máis razoable do pobo é a procura dun desenlace orientado cara á construción da sociedade socialista. Aí é onde está o futuro de liberdade e xustiza social.

O Comité Executivo do PCPE chama,  en  primeiro lugar,   a  toda  a  militancia  do  Partido  a  activar o seu compromiso  revolucionario, e a  activar   todos os  recursos  dispoñibles  para    mobilizar e organizar á clase obreira e sectores populares contra as políticas da oligarquía.  A  loita  está na rúa,  a loita  está xunto á clase obreira máis combativa, a loita está xunto ao pobo para exercer o noso papel de vangarda no combate de todos os días.

O Comité Executivo do PCPE   chama  á clase obreira   e aos  sectores populares,    autónomos e    sectores profesionais, a tomar partido ante esta situación. Fronte á submisión que pide o sistema  hai que levantar a rebeldía, a defensa dos nosos dereitos e a esixencia de que a saída á crise sexa protagonizada polas grandes maiorías traballadoras.

O Comité Executivo do PCPE chama ás organizacións sindicais, especialmente a aquelas   que teñen maiores posibilidades, a traballar urxentemente para a convocatoria dunha folga xeral que esixa unha saída á crise con outras propostas políticas e económicas.

O Comité Executivo do PCPE chama á coordinación das organizacións revolucionarias en todo o Estado, para que a loita anticapitalista dirixa   a acción das masas, e ofreza   unha saída a esta situación   fora do marco do sistema de dominación,   rachando os seus  límites  impostos, e   creando unha  nova  correlación  de  forzas favorable ao pobo e aos traballadores e ás traballadoras.

O Comité Executivo do PCPE chama a  todas  as  forzas  revolucionarias  e  populares   para articular unha amplísima Fronte de Esquerdas que, sobre unha proposta programática de mínimos, chame á mobilización para ampliar e unir todas as loitas que a clase obreira está a dar en todo o estado. Para esa  unidade  ampla  o
CE do PCPE propón os seguintes puntos básicos:

    -Nacionalización da banca.
    -Conxelación de hipotecas a familias en paro.
    -Seguro de paro indefinido.
    -Paralización das privatizacións e retorno das realizadas sobre servizos estratéxicos.
    -Progresividade fiscal.
    -Pola saída da UE.
    -Regreso de todas as tropas do estranxeiro.
    -Redución do gasto militar e outros gastos parasitarios.
    -Dereitos para a poboación inmigrante. Ninguén é ilegal.
    -Proceso Constituínte Republicano.

O Comité Executivo do PCPE manifesta a súa total disposición a sumarse a calquera chamamento que se poida realizar con orientación similar á exposta nesta Resolución.

O Comité Executivo do PCPE toma a iniciativa de convocar unha reunión de coordinación en Madrid para o día 7 de xuño, a todas as forzas políticas, sindicais e sociais interesadas nesta proposta, para articular mecanismos concretos que fagan avanzar un amplo proceso de mobilización e loita que faga da folga xeral política a súa consigna central.