ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 10 de junho de 2010

Entrevista ao Secretario Xeral do PCPE

Entrevista ao Secretario Xeral do PCPE



Carta de Insurxente.org
Boas,

Mándovos a entrevista que desde insurxente fixemos ao Secretario Xeral do PCPE,

insurxente continúa coa rolda de entrevistas a dirixentes de partidos de esquerda. Tras Nines Maestro de Corrente Vermella, no día de hoxe entrevistamos a Carmelo Suárez, Secretario Xeral do PCPE.

1. Como definiría a situación política

Para o PCPE trátase dunha crise do sistema. Na que se solapan a crise financeira, enerxética, ecolóxica- Unha crise de sobreproducción, fundamentalmente ligada á crise estrutural do sistema capitalista, onde o capitalismo é incapaz de manter o ciclo de reprodución ampliada do capital. Ten capacidade para producir mercancías, pero non se dan as condicións para vendelas. Existen vivendas, vehículos, equipos do fogar, etc. pero non se poden vender. Trátase dunha crise de caída tendencial da taxa de ganancia. A análise que o marxismo fai consiste na incapacidade do capitalismo como sistema socio histórico que na medida en que se desenvolve máis agudiza as súas contradicións e a súa incapacidade para manter a lóxica de acumulación do capital. Neste sentido, compárase coa crise do 29, porque é unha crise de longo percorrido. Non é unha crise que se resolva con inxección de diñeiro ao capital financeiro, nin con políticas keynesianas de investimento público para con iso tratar de crear emprego e relanzar a demanda interna. Non é unha crise que se vaia  resolver con certo movemento táctico do capitalismo, senón que vai necesitar o que todo o sistema capitalista recorre como táctica: a destrución de forzas produtivas, para volver reiniciar o ciclo de reprodución ampliada do capital.

A estratexia do sistema para a unha destrución masiva das forzas produtivas é o que aínda non está claro. Evidentemente, hai tendencias. Hai episodios que se están dando, que poden ser indicativos de por onde poden ir as cousas. Pero estamos no principio da crise, e aínda non se sabe como van operar os suxeitos que interveñen e que grao de violencia vai desenvolver a superestructura do sistema de dominación para tratar de recompor a situación. O grao de violencia máis extrema sería a guerra imperialista a unha escala brutal. Pero é difícil facer unha previsión de como sería ese escenario de guerra. Por agora hai unha guerra difusa estendida por diversos lugares do planeta, que pode seguir ampliándose como tal guerra difusa, pero non hai que descartar episodios máis violentos, máis concentrados de guerra imperialista que tratasen de crear esa condición e unha destrución masiva de forzas produtivas.

Independentemente do recurso á guerra, que agora aparece desde un punto de vista incerto sobre como podería desenvolverse ese escenario. O que si é certo, é que hai un proceso de exclusión social, de marxinalidade, de sacar do mundo da produción a moitos millóns de traballadores e traballadoras. Unha intervención que desde o punto de vista da xeopolítica, condena a países enteiros á miseria máis absoluta.....
continúa:    Entrevista ao Secretario Xeral do PCPE