ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 1 de outubro de 2009

CONFERENCIAS DO XORNALISTA E POETA CUBANO FÉLIX CONTRERAS


O xornalista e poeta cubano Félix Contreras visita a provincia de Pontevedra, entre o 5 e o 9 de outubro, para ofrecer este programa de conferencias e recitais:
 
Luns 5 de outubro, ás 20 horas no local social “Faísca” (rúa Toledo, 9-Vigo): "Salvado pola Revolución". A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Asociación de Amizade galego-cubana "Francisco Villamil").
 
Martes 6 de outubro, ás 20 horas, no Centro Social do Mar de Bueu: "Historia da música cubana”. A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Concellería de Cultura, Xuventude e Innovación de Bueu).
 
Mércores 7 de outubro, ás 20 horas, no auditorio da Fundación Caixa Galicia (antigo Café Moderno) de Pontevedra: “Presentación do número 25 da revista cubana Extramuros adicado á poesía galega”. A continuación, recital poético con Xosé María Álvarez Cáccamo, Eva Veiga, Francisco Castro, Lucía Novas e Carlos Fontes. (Organiza Ateneo de Pontevedra).
 
Xoves 8 de outubro, ás 20 horas, na Biblioteca Municipal "Vidal Pazos" de Marín: "Frank Pais: lembrando o seu exemplo". A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Concellería de Cultura e Xuventude de Marín).
 
Venres 9 de outubro, ás 20 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas: "Galicia en Cuba". A continuación, recital poético de Félix Contreras titulado “Cinco poemas para Os Cinco” (Organiza Concellería de Educación e Cultura de Cangas).
 
BIOGRAFÍA
Félix Contreras (Pinar del Río, Cuba, 1940)
 
Poeta, xornalista e escritor, especializado en cultura cubana, nomeadamente en música popular. Membro de la Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC). Egresado da Escola para Instructores de Arte en 1965.  Comezou a públicar en diarios e revistas (Cuba Internacional, Juventud Rebelde, Prensa Latina, Granma Internacional, Bohemia, Casa de las Américas…). Membro fundador do mensuario cultural El Caimán Barbudo, que agrupou á nova poesía cubana aparecida na década dos sesenta. Investigou a presenza de culturas do estado español en Cuba como a galega, a catalana ou a valenciana.
Ten publicado, poesía: El fulano tiempo, Debía venir alguien (prólogo de Eliseo Diego), Cuaderno para el que va a nacer (prólogo de Cintio Vitier), Corazón semejante al tuyo, Saudade, Última persona, Cuadernos de botánica, Poesías, Querido Sur, Para voçê, para vos, Gardelianas, Así es la rosa, Álbum de las artes e Álbum de la vida. Publicou, tamén, varios libros sobre música cubana: Porque tienen filin (sobre a canción feeling cubana da década dos 40), La música cubana: una cuestión personal, Yo conocí a Benny Moré e Bola de Nieve.
Ten ofrecido recitais, talleres e conferencias na URSS, Bélxica, España, México, Colombia, Arxentina, Uruguai ou Brasil.