RESOLUCIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE
Esta mañá o exército israelí atacou en augas internacionais a unha flota civil que se dirixía a Gaza cun cargamento de axuda humanitaria. Nesta acción sionista faleceron varios activistas polo único feito de ser solidarios co pobo palestino que sofre a constante agresión e bloqueo por parte do sionismo, que, apoiado polo imperialismo de EE.UU e a UE, convértese no agresor permanente dos pobos da zona e a ameaza constante para a paz na rexión.
Con accións tan bárbaras e salvaxes como estas, o Comité Executivo do PCPE non pode máis que certificar a condición do estado de Israel como inimigo dos pobos, que coas súas prácticas de terrorismo de estado emula as atrocidades cometidas polo réxime nazi no século XX. O sionismo, fiel aliado do imperialismo en Oriente Medio, desvela novamente con este tipo de accións a súa absoluta falta de respecto pola vida humana, prosegue na escalada de violencia na rexión e pon no punto de mira a todas e cada unha das persoas que se solidarizan co pobo palestino, vítima principal das súas políticas nazis, que pretenden converter a Gaza no campo de concentración e exterminio máis grande da Historia.
O Comité Executivo do PCPE considera que este ataque militar contra obxectivos civís en augas internacionais é toda unha provocación que debe ser respondida coa inmediata e taxativa ruptura de todo tipo de relacións políticas, diplomáticas, económicas e comerciais por parte de todos os países do mundo, así como a condena sen ambaxes e a expulsión de todos os organismos internacionais dos que forma parte. No caso de España esiximos ao goberno Zapatero a inmediata expulsión de toda a representación diplomática sionista no noso país e o peche de todas as oficinas vinculadas ao estado de Israel.
Para o Comité Executivo do PCPE, en caso de non darse esa ruptura inmediata de relacións con Israel, todos os gobernos afectados serán considerados como cómplices do sionismo no asasinato de activistas da solidariedade, feito polo que deberán responder ante todos os pobos do mundo.
A militancia do PCPE estará á cabeza da mobilización social e política para denunciar estes crimes e impulsar todas as accións unitarias que animen á clase obreira e o conxunto de sectores populares a expresar o rexeitamento máis firme e absoluto a este salvaxe ataque sionista e á política genocida do estado de Israel.
Madrid, 31 de maio de 2010.
*********************************************************************************************
equipo da web do
PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA
WEB: http://www.pcpe.es