Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo
O Comité Executivo do PCPE chama a toda a clase obreira a converter a xornada de folga convocada polos sindicatos, na función pública, para o día 8 de xuño, nunha gran xornada de loita contra a xestión que o goberno fai da crise capitalista, que carga sobre o pobo traballador as consecuencias da mesma.
Pero estas medidas requiren dunha resposta máis contundente por parte das organizacións obreiras e populares. Non só é o goberno quen ten a responsabilidade nesta situación; é o proxecto imperialista da UE quen está detrás de toda esta estratexia da oligarquía, proxecto da UE que comparten todas as forzas do arco parlamentario español.
Non só as mencionadas medidas afectan directamente aos traballadores e ás traballadoras das diferentes administracións, senón que a Banca e a Patronal aplaudíronas, xa que favorecen os seus intereses directos e que van na liña da contrarreforma laboral que o goberno anuncia como inminente, nunha mostra máis da orientación de cargar só contra os traballadores e traballadoras o peso máis brutal da crise capitalista.
O Comité Executivo do PCPE chama ao conxunto da clase obreira a sumarse a esta xornada de folga do día 8 de xuño. Os comités de empresas de todos os centros de traballo, igualmente os sindicatos sectoriais, deben discutir esta situación e sumarse ese día ás mobilizacións, impondo na práctica a dinámica da folga xeral. O obxectivo debe ser o de ampliar o máis posible esta xornada de loita.
O Comité Executivo do PCPE chama, a toda a clase obreira, a sumarse ás manifestacións que se realizarán o día 8 de xuño, para tratar de que estas sexan o máis masivas posible, e para que nelas o clamor da convocatoria da folga xeral se impoña -no menor prazo posible- sobre as direccións sindicais que pretendan parar esta convocatoria de loita xeral.
O Comité Executivo do PCPE chama ás forzas revolucionarias e populares a constituír unha gran frente unitaria contra a crise capitalista, que coloque a convocatoria dunha folga xeral contra este goberno, contra a UE, e contra o capitalismo, como eixo central do seu traballo político inmediato.
O Comité Executivo do PCPE chama a toda a clase obreira a facer da xornada do 8 de xuño o inicio da resposta obreira xeneral contra a oligarquía e os seus gobernos. Un punto de inflexión necesario para que sexan os intereses obreiros e populares os que protagonicen as políticas para enfrontar a crise capitalista xeneral.
16 de maio de 2010.