Hoxe, 12 de maio do 2010, a ofensiva da oligarquía contra o pobo traballador dá unha nova e superior embestida.
15.000 millóns de recorte ao gasto publico constituen o maior axuste orzamentario da chamada“democracia”, axuste que supón o incumprimento de acordos gubernamentais acadados con anterioridade.
Os funcionarios (moitos deles mileuristas) que có seu traballo garanten os dereitos constitucionais á saúde e á educacion dos pobos de este estado, cobrarán menos, (un 5% de media, polo de agora…) como preparación da desfeita definitiva de todo o sector público.
O miserento cheque bebé (2500 €) vese abolido.
Anúnciase unha conxelacion das pensions para o ano próximo…(se é que non se produce antes…)
As persoas con dependencias perden parte das axudas que percibían.
Como xa sabemos nas propias carnes, o paro, os desahucios, as débedas, empurran cara ó desespero a millóns de traballadores/as dos pobos do Estado Español, e o número medra cada día. Os e as traballadoras inmigrantes son perseguidos e acosados con medios brutais e, eses sí, ilegais.
Mentres, 1000 ou 1500 oligarcas disfroitan do 80% das riquezas no Estado Español ( Producto Interior Bruto).
A banca segue a presumir de beneficios noxentos, a bolsa está en verde.
CEOE, FMI e a UNION EUROPEA DO CAPITAL E DA GUERRA, aplauden a decisión do executivo.
O gasto militar, ben, grazas.
O patrimonio dos oligarcas… segue intacto.
É indignante oir como o señorito depredador Pepe Blanco nos exixe a nós, creadores e creadoras de riqueza, “responsabilidade e compromiso”diante da nova agresión.
¿É esto democracia?
NON.
Compre organizarnos e loitar para impedir a permanente humillación á clase traballadora, a súa escravización.
- AXUSTE = ROUBO.
-Fora as mans do sector público, Stop privatizacións.-Salario mínimo de 1200 Euros.
-Nin unha vivenda hipotecada para a banca
-Seguro de paro indefinido.
-Protección social para as familias no paro
-Nacionalización da banca.
-Non ao gasto militar. Retirada das tropas do extranxeiro.
-Ninguén é inmigrante. Ningún ser humano é ilegal.
O Capitalismo non serve, loitemos polo Socialismo.