ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 31 de maio de 2010

GALIZA CONCENTRACIÓNS CONTRA O ATAQUE ASASINO SIONISTA

martes 1 de xuño ás 20.30
 GALIZAxPALESTINA

Galiza por Palestina convoca mañán, 1º de xuño, ás 20'30 horas, en toda Galicia, concentracións de protesta contra o ataque asasino que os sionistas perpetraron contra os barcos que transportaban axuda humanitaria para Gaza. Abertas a todos aqueles que condenen a barbarie israelí e queran esixir medidas contundentes contra contra os asasinos, as concentracións realizaranse diante da casa do concello de cada vila, salvo naqueles lugares onde exista unha convocatoria unitaria previa. As convocatorias ata o momento son:

A Coruña: No Obelisco.

Santiago de Compostela: Praza ddo Toural.

Ferrol: Diante do edificio da Xunta de Galicia.

Pontevedra: Praza da Peregrina.

Vigo: No MARCO.

Por favor, acudide e difundideo. Atte.: Galiza por Palestina.
MARTES, DÍA 1 DE XUÑO, ÁS 20:30 HORAS, NA PRAZA MAIOR (DIANTE DO CONCELLO) EN LUGO.


            Diversas organizacións da sociedade civil lucense, fan un chamamento de urxencia, en réxime de autoconvocatoria, a toda a cidadanía para que participen nun acto de denuncia ante o asasinato de activistas polo exército israelí tralo ataque contra barcos que transportaban axuda alimentaria a Gaza ("Flota da Liberdade") e esixan ó goberno do estado español que tome medidas inmediatas e contundentes de resposta a esta masacre, de xeito que supoña un punto e aparte nas relacións con Israel así como a firme condena dos feitos .