ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 11 de maio de 2010

Declaración conxunta dos Partidos Comunistas: ¡Conmemoremos os 65 anos da vitoria!


Declaración conxunta: ¡Conmemoremos os 65 anos da vitoria!
O 9 de Maio conmemórase o 65 aniversario da vitoria sobre o Nazi-fascismo -a máis brutal e violenta expresión do dominio dos monopolios, nun sistema capitalista en profunda crise -, que conduciu á Humanidade a unha das maiores catástrofes da súa Historia, coa barbarie dos campos de concentración e o cortexo de morte e destrución que a Segunda Guerra Mundial significou para os pobos.


Os comunistas estiveron desde o primeiro momento na primeira liña, mobilizando e organizando aos traballadores e aos pobos para a resistencia. A loita antifascista contou coa firme e resolta acción dos comunistas, pola cal millóns deron as súas vidas.


Para a Vitoria sobre as hordas fascistas foi determinante a heroica contribución da URSS, do seu Exército Vermello, do seu pobo, que sufriu preto de 27 millóns de mortos.


Foi coa vitoria en 1945 e a formación do campo socialista que millóns de homes e mulleres emprenderon a súa emancipación, liberándose da explotación, da opresión e do colonialismo, e o movemento obreiro alcanzou enormes conquistas sociais e políticas, nun camiño de progresos nunca antes alcanzados na historia da Humanidade.


Na actual situación, en tempos de profunda crise do capitalismo, en que a ofensiva desencadeada por varias organizacións imperialistas, como a OTAN e a Unión Europea, afectan tan duramente ás masas traballadoras, a Humanidade esta de novo confrontada con grandes perigos resultantes do agravamento das contradicións do imperialismo, da carreira armamentista, do reforzo das alianzas militares agresivas e da tentativa de impor pola forza o aumento brutal da explotación, da precariedade das relacións laborais, dos despedimentos, do desemprego, da pobreza, da negación da satisfacción das necesidades máis básicas de millóns e millóns de seres humanos.


Deste xeito, chamamos a que se sinale o 65 aniversario da vitoria sobre o nazi-fascismo como un importante marco na loita pola paz, contra a monumental falsificación da Historia e o anticomunismo - que como a historia mostra é sempre antidemocrático-, que intentando equiparar ao fascismo co comunismo e ocultar o papel decisivo dos comunistas na liberación dos pobos do xugo nazi-fascista, procura criminalizar, ilegalizar, reprimir, non só os ideais e a acción dos comunistas senón de todos os demócratas que se opoñan á dominación e á explotación capitalistas, ou o seu propósito de perseguir e reprimir a todos os que, dalgunha forma, resistan e loiten organizadamente contra os monopolios e o imperialismo.


Para nós, comunistas, evocar o 65 aniversario da Vitoria é reafirmar a nosa profunda convicción na loita pola emancipación social, na xusteza dos nosos valores e ideais libertadores; e reafirmar a nosa determinación en combater as causas e as forzas que estiveron na raíz do horror fascista; e reafirmar a nosa confianza inesgotable de que o futuro pertence non aos que oprimen e explotan, senón aos traballadores e aos pobos que resisten e loitan en prol da emancipación da Humanidade dos grilletes da explotación do home polo home e por unha sociedade onde os traballadores gocen plenamente da riqueza por eles creada, de progreso social, de paz e de benestar. O futuro non pertence ao capitalismo, senón ao Socialismo e ao Comunismo


8 de Maio do 2010


Os Partidos


Partido Alxerino pola Democracia e o Socialismo; Partido Comunista de Armenia; Partido Comunista de Azerbaiján; Partido Comunista de Australia; Partido Comunista de Bielorrusia; Partido do Traballo de Bélxica; Partido Comunista de Brasil; Partido Comunista de Canadá; Partido Comunista de Bohemia e Moravia; Partido Comunista de Chile; Partido Socialista Obreiro de Croacia; Partido Comunista de Cuba; Partido Comunista en Dinamarca; Partido Comunista dos EEUU; Partido Comunista de Finlandia; Novo Partido Comunista de Inglaterra; Partido Comunista de Inglaterra; Partido Comunista Alemán; Partido Comunista Unificado de Xeorxia; Partido Comunista de Grecia; Novo Partido Comunista de Holanda; Partido Comunista Obreiro de Hungría; Partido Comunista da India (Marxista); Partido Comunista da India; Partido Tudeh de Irán; Partido Comunista Iraquí; Partido Comunista de Irlanda; Partido Comunista de Israel; Partido Comunista de Kazajstán; Partido Comunista de Kyrgyzstan; Partido Comunista Libanés; Partido Comunista de Luxemburgo; Partido dos Comunistas, México; Partido do Pobo de Palestina; Partido Comunista de Paquistán; Partido Comunista Peruano; Partido Comunista de Filipinas (PKP-1930); Partido Comunista Portugués; Partido Comunista de Polonia; Partido Comunista da Federación Rusa; Unión de Partidos Comunistas CPSU- Rusia; Partido Comunista Surafricano; Partido Comunista de España; Partido dos Comunistas de Cataluña; Partido Comunista dos Pobos de España; Partido Comunista Sirio; Partido Comunista de Suecia; Partido do Traballo de Turquía (EMEP); Partido Comunista de Ucraína; Partido Comunista de Uruguai; Partido Comunista de Venezuela.