ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 2 de dezembro de 2008

verbo xido terra de montes. camiñada reivindicativa


Saúdos, xente de ben:
A Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido de Terra de Montes convídavos á unha nova edición do seu Roteiro Sarmento por terras de Cerdedo. A sétima edición celebrarase o vindeiro domingo, día 14. O punto de encontro, como de adoito, será a praza da igrexa de Cerdedo, antiga praza da República. Alí nos veremos a iso das 10'00 h da mañá, chova que neve.
A vosa participación, sempre necesaria, é, este ano, indispensábel, xa que, amais da camiñada osixenante, ergueremos a voz contra a chambonada argallada polo Concello de Cerdedo e a Consellaría de Medio Rural no treito A Revolta-Cavenca (antes verea medieval, hoxe autoestrada de catro carrís).
Tras a paseata, xantar de confraternidade na Casa Dorinda de Pedre. Prezos populares.
Aproveitaremos a sobremesa para darvos a coñecer a última cousiña editada sobre o monte do Seixo: "Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas".
Grazas polo voso apoio.
Prégase que confirmedes a vosa asitencia ao xantar a través do correo electrónico de Verbo Xido (verboxido@yahoo.es).