ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 19 de maio de 2009

SOLIDARIEDADE! QUE ILEGALICEN AOS BANQUEIROS E AOS EMPRESARIOS QUE FAN EREs E EMPETAN MÁIS BENEFICIOS QUE NUNCA


Os e as comunistas da Galiza PCPE queremos amosar a nosa solidariedade cos compañeiros e compañeiras da candidatura democrática e de esquerdas Iniciativa Internacionalista-Solidariedade entre os Pobos, perseguida e criminalizada baixo pretextos insustentables, e atentando contra os máis elementais dereitos democráticos.

Así,



1- difundimos a seguinte convocatoria ao acto público de solidariedade:

o vindeiro xoves 21 de maio celebrarase un acto público en solidariedade con Iniciativa Internacionalista e de rexeitamento da súa ilegalización no que intervirán distintas organizacións políticas, sindicais e sociais.

O acto terá lugar no Instituto Sta. Irene de Vigo ás 20:00h.






2- solicitamos apoiedes e asinedes os seguintes dous COMUNICADOS:




-"Os e as asinantes queremos manifestar a nosa oposición ao proceso de impugnación e ilegalización da candidatura ás eleccions europeas, Iniciativa Internacionalista-A Solidariedade entre os Pobos, iniciada polo goberno do PSOE.

A ilegalización aprobada polo TS supón un atentado ás liberdades democráticas ao impedir a presentación dunha candidatura democrática, soberanista e de clase, limitando gravemente o dereito da cidadania a votar e ser votado.

Por este motivo, esiximos do Tribunal Constitucional, que ten que resolver sobre o recurso presentado antes das 0 horas do venres 23 de maio, a anulación da ilegalización e a restitución de todos os dereitos da devandita candidatura."



Podedes enviar a vosa sinatura, unicamente co nome, apelidos e profisión a este enderezo electrónico:galizainternacionalista@gmail.com





-
POLA DEMOCRACIA E A PRESUNCIÓN DE INOCENCIA

As persoas e organizacións abaixo asinantes queremos expresar coa maior contundencia a nosa indignación e a nosa alarma ante o gravísimo atentado contra as liberdades democráticas e contra a presunción de inocencia, fundamento do Estado de Dereito, que supón a ilegalización da candidatura ás eleccións europeas Iniciativa Internacionalista -A Solidariedade entre os Pobos, e esiximos a revogación da correspondente sentenza do Tribunal Supremo.

Queremos denunciar tamén a vergoñenta campaña de acoso e desprestixio orquestrada polos grandes medios ao servizo dos poderes establecidos, á vez que expresamos a nosa solidariedade con Afonso Sastre e as demais persoas ás que se intentou criminalizar pola súa participación en Iniciativa Internacionalista.

as sinaturas a este manifesto deben encamiñarse a frabetti@ctv.es