ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 31 de agosto de 2009

EN PLENA CRISE, O GOBERNO GASTA MÁIS DE 1200 MILLÓNS EN ARMAS





insurxente.- O goberno español vai gastar, en plena crise, máis de 1200
millóns de euros en comprar máis xoguetiños para o exército. Neste caso
trátase de 15 cazas "euroflighter", avións de "proxección" (modo
eufemístico de chamar aos avións de agresión e invasión que da a idea
de que agora no canto de invadir proxectámonos cara ao exterior). Se a
compra é un malgasto, a intención é unha indecencia.
Responde ao compromiso de varios países da OTAN (Alemaña, Reino Unido,
Italia e España) de mercar 112 cazas máis para o asuntiño da inxerencia
que a OTAN fai tanto en Afganistán como noutras zonas "fóra de área"
(xeito de dicir que a OTAN métese militarmente noutros países fóra
de Europa).
Cantos postos de traballo dignos poderían soportarse con este pastuncio?,
Canta cooperación para o desenvolvemento de pobos expoliados?, Canta
investigación solidaria?. ZP quita cunha man o que promete coa outra.
Pero para máis alucinación, resulta que o contrato marco subscrito entre os
fabricantes do Euroflighter, sitúa o investimento público dos estados
promotores (España entre eles) en máis de 10.795,4 millóns de euros, dos
que 1.598,7 millóns corresponden á fase de Definición e Desenvolvemento, e
os restantes 9.196,7 millóns, á produción do mecanismo de guerra. A
idea dos fabricantes é financiar este abusivo e inxusto gasto de dous
xeitos: comprando os avionciños os estados fabricantes deste arma
de morte e vendendo o excendente a outros estados ansiosos de comprar
material militar de primeira liña (é dicir, exportando a guerra como
negocio, o que non deixa de ser un pésimo logro para as promesas de desenvolvemento
humano e de dereitos humanos que ao parecer xustifican a nosa
contrucción europea).
Entre os democráticos compradores do euroflighter atopamos a Arabia
Saudita, a India, Corea do Sur, Croacia, etcétera. Poderiamos preguntarnos
se algún destes vai promover unha guerriña decontado? Non sexamos
malpensados, trátase de negocios xustos, de dividendos da paz (armada).

Fonte: antimilitaristas.org