Este 25 chamamos á maior e máis estreita unidade da clase obreira e dos sectores populares para conquistar a autodeterminación para o noso pobo, para a inmensa maioría do noso pobo,esto é: para a súa clase traballadora.
A oligarquía imperialista española , elo da cadea imperialista europea, está a asestar contra a nosa clase obreira e sectores populares, contra a nosa mocidade, contra a muller traballadora da nosa nación, contra a clase obreira inmigrante, contra os nosos vellos , durísimos golpes que esixen a máis unitaria e contundente resposta por parte dos traballadores e organizacións populares.
Están a reducirnos á escravitude, arruinando e proletarizando aos nosos pequenos productores e comerciantes e mandando ao paro ás e os nosos traballadores. O resto é sometido á escravitude laboral máis completa, vendo destruidos os seus dereitos mesmo á negociación colectiva dos contratos, mentres se privatizan os servizos básicos para abrir novos espacios á acumulación de capital.
O réxime capitalista baseado na explotación e no asoballamento dos pobos é obsoleto e está podre.
Fagámoslle frente.
Vaiamos todas e todos á Folga Xeral o 29 de Septembro e fagámoslles ver que non imos renunciar sen combate aos nosos dereitos como traballadoras e como pobo. Fagamos desa folga unha folga da inmensa maioría dos traballadores, fagamos dela unha Folga contra o Capital e as súas políticas antiobreiras e antipopulares.
Non hai máis clase obreira nen máis pobo respeitados, que os que combaten.
Comunistasdagaliza P.C.P.E.
Partido Comunista dos Pobos de España
CMC-CJC
Colectivos das Mocidades Comunistas