terça-feira, 5 de outubro de 2010
A CLASE OBREIRA EN LOITA POLOS SEUS DEREITOS
Partido Comunista dos Pobos de España
Comité Executivo
Coa resposta á Folga Xeral do 29S a clase obreira díxolle ao goberno e á patronal que non acepta as súas contrarreformas laborais, e que a loita contra estas políticas acaba de empezar con esta importante xornada de loita, que nas difíciles condicións nas cales se convocou superou todas as previsións.
As manifestacións desenvolvidas na xornada de folga tiveron un carácter masivo, e son a expresión máis clara dos avances de unidade de clase que esta xornada de loita deixa para a próxima etapa.
Cunha importante participación do Partido, a clase obreira crea un novo escenario da loita de clases coa folga xeral.
O CE do PCPE felicita ao conxunto da militancia do Partido e dos CJC que soubo responder cun alto nivel de combatividade, sabendo estar á cabeza da loita de clases tanto na preparación como no desenvolvemento da xornada de loita do 29S. Denunciamos a actuación do Goberno polo alto nivel de brutalidade mantido pola policía e a garda civil na defensa dos intereses de clase da burguesía
O alto nivel de participación, unidade e combatividade alcanzado pola clase obreira dos pobos de España durante a FX é un patrimonio que nos pertence a todos/as e crea un novo escenario da loita de clases. Xestionalo para defender consecuentemente os intereses da clase obreira e sectores populares é un deber moral e político de quen teñen a responsabilidade de facelo. É responsabilidade do Partido Comunista e de todas as organizacións da clase obreira manter a loita e a presión para que o paso adiante dado coa folga xeral sexa o primeiro cara á derrota política do capital. Debemos traballar para que todas as estruturas unitarias de loita constituídas territorialmente se manteñan activas con calendarios de mobilización inmediatos e concretos A clase obreira debe manterse vixiante para evitar que se trate de desmovilizala e abrir novos escenarios de pacto social. Dicimos alto e claro que calquera acordo co goberno e a patronal que non pase pola retirada da reforma laboral será considerado como unha traizón á loita da clase obreira
A defensa dos dereitos e intereses da clase obreira e os sectores populares esixe un cambio radical da política do Goberno cunha oposición decidida ao decreto, a reforma laboral e a privatización das pensións públicas.
O PCPE chama ao pobo a loitar para que desenvolva un programa baseado nas necesidades da maioría traballadora. Esta FX marca o camiño da loita e unidade que o pobo ten que seguir. Hai que facer sentir todos os días a forza organizada das clases populares para deter a política agresiva que nos golpea e corrixila adoptando medidas urxentes como: nacionalizar a banca, decretar a moratoria no pago de hipotecas para as familias no paro, prestación indefinida de desemprego, fin dos gastos parasitarios (exército, igrexa, casa real), saída da UE e a OTAN.
¡VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!
http://www.pcpe.es/