O próximo día 21 de outubro está prevista a celebración dun xuízo contra tres militantes
comunistas nun xulgado da cidade de Barcelona. Estas persoas son Juanjo Serrano (membro do
Comité Central do PCPE), Xavier Auré (membro dos CJC-JCPC) e Albert Camarasa (membro dos
CJC-JCPC).
A acusación solicita tres anos e dez meses de prisión para cada un deles. O fiscal sustenta a súa
petición nos feitos ocorridos en Barcelona o 14 de novembro de 2007, con motivo da manifestación
en protesta polo asasinato dun mozo antifascista en Madrid o anterior día 11.
Esta acusación é unha montaxe policial sustentada en probas amañadas e faltas de toda
consistencia- para tratar de desmovilizar á organización comunista neste país, e a outras
organizacións anticapitalistas que actúan dentro do movemento antifascista.
Os feitos que deron lugar a esta montaxe policial son os seguintes:
O 11 de novembro de 2007 foi asasinado no metro de Madrid o xoven antifascista Carlos Palomino,
a mans dun fascista de 23 anos , soldado profesional do exército español- que se dirixía a unha
concentración do partido fascista Democracia Nacional. Inmediatamente sucédense as
concentracións e mobilizacións de condena e repulsa por este asasinado fascista en distintas cidades
do estado español; tamén en Barcelona.
O estado de indignación dos\/as manifestantes antifascistas é proporcional á brutalidade do
asasinato e á terxiversación informativa que os medios de comunicación do sistema realizan ao
presentar o feito co consabido e interesado discurso de “enfrontamento entre grupos de xóvenes
antisistema”.
O 14 de novembro en Barcelona, diversos colectivos e organizacións antifascistas convocan unha
manifestación, onde desde o primeiro momento queda claro que a policía - Mossos dEsquadra
(dirixida polo Conseller Saura de ICV-EUiA) teñen orde de non deixala discorrer de forma pacífica.
O operativo montado non garda ningún tipo de proporcionalidade coa protesta: toma policial do
centro de Barcelona cos antidisturbios preparados para cargar, intimidacións no metro aos
asistentes, ambulancias preparadas coma se dun escenario bélico tratásese, simulacro de carga
cando a cabeza da manifestación se pon en marcha, etc.
Durante a manifestación sucédense diversos intentos -por parte do operativo policial- para cortar a
mesma en diversos puntos, o que fai aumentar o nervosismo e a indignación por parte dos
manifestantes. Esta situación vaise agravando durante a marcha, e cando esta non leva nin 400
metros de percorrido prodúcese unha brutal carga policial que crea -no mesmo centro de
Barcelona-, unha situación de conmoción social imposible de xustificar, ao estenderse a represión á
zona comercial do Passeig de Graza e acabar afectando aos transeúntes.
Como resultado da carga policial prodúcense diversas agresións, nas que varios manifestantes teñen
que ser evacuados en ambulancia. Tamén se producen cinco detencións, entre elas a de dous
membros dos CJC-JCPC, que son conducidos á comisaría central dos Mossos dEsquadra de
Barcelona; e, dado que un dos detidos era menor de idade nese momento, a policía non tivo máis
remedio que comunicar á familia a súa detención -pola contra estarían polo menos 48 horas sen
comunicación exterior.
Inmediatamente, dirixentes do PCPC-PCPE e dos CJC-JCPC, acompañados dunha avogada,
acudíron á comisaría xunto aos pais dos detidos. Nese momento estes son requiridos para que se
identifiquen e, logo dunha longa espera na comisaría, un policía chama a un membro do PCPCPCPE
e a dous membros da CJC-JCPC, para informarlles que foron recoñecidos pola súa
intervención na manifestación, e que foron denunciados pola policía. Toda unha montaxe policial -
xa que mesmo se dá o caso de que o militante do PCPC-PCPE non puidera participar na
manifestación por dificultades no seu traballo, dirixido a criminalizar a loita antifascista e a
militancia comunista.
Nos días sucesivos o fiscal concretou a denuncia:
Ábrese unha causa contra tres membros do PCPC-PCPE e dos CJC-JCPC (un dos detidos e dous
dos inculpados na comisaría), aos que se lles acusa “dun delito de atentado e por un delito de
desordes públicos”, por montar unha suposta barricada con colectores de lixo e apedrear á policía.
Solicitándolles “3 anos e 10 meses de cárcere e a inhabilitación especial para o exercicio do dereito
de sufraxio pasivo”. O expediente dos menores queda arquivado, posto que o tribunal de menores
non ve indicios de delito. Para soster esta denuncia a fiscalía só presenta unha proba, o testemuño
dos policías, non habendo ningunha outra proba de que ocorresen os feitos mencionados.
Por todo o exposto EXIXIMOS:
O sobresemento do xuízo e a retirada de todos os cargos contra estes tres militantes.
A declaración de nulidade de todas as actuacións e a realización dunha investigación para depurar
todas as responsabilidades derivadas desta manipulada actuación policial.