A crise capitalista levounos a un calexón sen saída. Millóns de parados,
unha reforma laboral que prácticamente legaliza o despedimento libre, a nosa vida está completamente ao servizo do capital que non se preocupa máis que de aumentar os seus beneficios
Por iso fomos á folga xeral o 29 de setembro, por iso foi un éxito rotundo en todo o Estado. Por iso fomos cun ánimo combativo e sen amedrentarnos polas ameazas dos empresarios, dos xefes e
xefeciños, de todo ese lixo mediático que botóu merda á mobilización dos e as obreiras. Ese día demostramos que con organización, con firmeza, con vontade, é posible mudar a correlación de forzas entre nós e eles, entre a clase obreira e o capital. Ese día, na rúa, mandaron os e as obreiras, firmes na súa vontade de que a crise capitalista, xerada por eles, non a pagásemos nós.
Intentárono todo. Intentaron as ameazas nas empresas, nas fábricas, nas oficinas. Intentaron a
represión policial. Intentaron criminalizar aos que acudimos aos piquetes. Pero fracasaron.
En Grecia, en Francia, en Portugal, a loita da clase obreira sobe de ton, as mobilizacións
sostidas, a organización e a loita das e os obreiros europeos están colocando aos gobernos deses países nunha situación de difícil sostemento: ou atenden ás demandas do capital que pide
máis facilidade para despedir, máis recortes sociais, menos salarios, alongar a idade de xubilación
ata que os obreiros teñamos que ir desde o traballo á tumba, ou atenden as demandas dos e as
traballadoras que non piden máis que a crise capitalista a pagar aqueles que a xeraron.
A loita está claramente plantexada. Por unha banda, os capitalistas que lle din aos gobernos:
“temos tolerancia cero coas medidas que queremos que tomedes, queremos que nolo deades
todo”. Doutra banda, nós que non pedimos máis do que é xusto: a crise capitalista deben de
pagala os seus culpables, os capitalistas. Se non gañamos esta loita, as seguintes serán aínda
moito peores...
O que temos diante non é para menos. O gobierno anuncióu que antes de decembro acometerá
a reforma das pensións e a idade de xubilación. E logo as negociacións dos convenios que coa
reforma laboral encima da mesa seguro que irán no sentido de diminuir os nosos soldos, que
como sabes xa non chegan prácticamente a cubrir as necesidades máis básicas. A todo esto hai
que sumar a permanente ameaza que se cerne sobre o noso tecido industrial e productivo.
¿ Quedaremonos de brazos cruzados mentres acaban de cumprir todas as súas ameazas?
Agora é o momento da loita. Debemos ser capaces de obrigar ás centrais sindicais a continuar o
camiño de loita iniciado o 29 de setembro, agora que podemos, agora que non estamos sos é o
momento de lanzar a loita.
Pero, ¿qué se necesita para logralo?
Necesitamos organización e compromiso, loita sen cuartel contra os especuladores e os
capitalistas. Debemos organizarnos para conseguir que no se salgan coa súa. Necesitamos
compromiso para continuar ata lograr os nosos obxectivos.
O PCPE ten posto en marcha un proceso de coordinación dos sindicalistas máis consecuentes,
dos loitadores máis firmes na defensa dos intereses dos traballadores, son os Comités de
Unidade Obreira (CUO) que servirán para coordinar as loitas nun futuro.
Neste proceso de acumulación de forzas, de organización y de loita, necesitamos sumar a
obreiros e obreiras coma tí, que sofren a explotación e que non están dispostos a entregar a súa
vida aos capitalistas que cando as cousas van ben no dan contas dos seus beneficios pero cando
van mal lle pasan a factura á clase obreira. Necesitamos que a clase obreira dirixa a todos os
sectores populares cara á derrota do capitalismo, único causante da crise.
Seguro que coñeces xente que caeu no paro, que botaron do seu traballo por culpa da crise
capitalista, seguro que coñeces a compañeiros que teñen tido que loitar simplemente para cobrar
o seu salario, probablemente tí sexas un deles, é hora de organizarse, de coordinarse, de facer as
cousas xuntos, para que podamos derrotar aos capitalistas e pasemos a organizar a economía
sobre novas bases, dirixida por nós, en función dos nosos intereses, na que non haxa paro, sen
xefes que nos explotan, onde se acabe a dictadura do capital e dos seus matóns.
Toda Europa está en loita
¡¡¡tí tamén!!!
http://www.pcpe.es/
http://www.unidad-obrera.org/