quinta-feira, 23 de dezembro de 2010
FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL
Partido Comunista dos Pobos de España.
Secretaría Xeral
O PCPE CHAMA A ORGANIZAR UNHA FOLGA XERAL O DÍA 27 DE XANEIRO EN TODO O ESTADO
O PCPE, tras a folga xeral do 29S, chamóu a unha estratexia de mobilización sostida contra
as políticas que os distintos partidos do sistema desenvolven para xestionar a actual crise estructural do sistema capitalista. Para o PCPE a xornada do 29S era só o punto de arranque da resposta necesaria por parte da clase obreira e os sectores populares ás políticas de rescate bancario, aos recortes salariais, ás contrarreformas laborais e aos procesos de privatizacións. Posteriormente o goberno endureceu máis a súa liña de actuación, coa súa decisión de recorrer á militarización frente aos conflictos laborais.
Neste tempo pasado unha parte da clase obreira mantivo as súas posicións máis combativas, dando continuidade ás plataformas unitarias creadas para a folga do 29S orientadas a unha estratexia de mobilización e loita. Pero elo non tivo un carácter xeralizado, quedando unha parte significativa da clase sen dar continuidade a esa importante xornada de loita.
Á súa vez o goberno, co apoio máis ou menos encuberto do resto de partidos do sistema, seguiu a tomar novas medidas contra os dereitos do pobo traballador. As privatizacións de AENA, Loterías do Estado, etc.; así como a xa inminente reforma do sistema de pensións -que se orienta a unha redución de dereitos e á privatización do sistema-, constitúen ataques de enorme calado contra a clase obreira, que só buscan o beneficio da oligarquía española.
Desde o pasado 29S engadíronse novas e poderosas razóns para impulsar a estratexia de mobilización sostida que propón o PCPE.
A iniciativa de ELA, LAB, HIRU, STEE-EILAS e EHNE de convocar unha folga xeral o próximo día 27 de xaneiro en Euskal Herría ofrece unha oportunidade para estender esta proposta ao conxunto do estado.
El PCPE chama a convertir esta convocatoria nunha Folga Xeral en todo o estado o día 27 de xaneiro.
Para elo é necesario que, por parte das organizacións sindicais, políticas e sociais, se acorde de maneira ampla esta convocatoria, constituindo –á maior brevedade- unha ampla plataforma obreira pola Folga Xeral.
O PCPE valora moi positivamente o acordo da Plenaria Confederal de CXT de tomar a iniciativa para realizar contactos con outras organizacions sindicais de cara a impulsar a convocatoria dunha Folga Xeral antes de que sexa tramitada no Parlamento a reforma do sistema de pensións. É unha iniciativa que axuda a sumar esforzos e apunta na mesma liña que as mobilizacións protagonizadas polas organizacións da Coordinadora Sindical de Clase o día 24 de Novembro coincidindo coa Folga Xeral desenvolvida pola clase traballadora portuguesa.
O PCPE considera que só a loita decidida e unitaria da clase obreira pode plantar cara ás políticas dos gobernos da oligarquía e a súas propostas para superar a crise capitalista. ¡É o momento da unidade!, ¡é o momento da loita obreira!
FOLGA XERAL O 27 DE XANEIRO
A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS
CONTRA A REFORMA LABORAL
CONTRA A REFORMA DAS PENSIÓNS
CONTRA AS PRIVATIZACIONS
POLO SOCIALISMO E O COMUNISMO