ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 9 de maio de 2011

O 9 DE MAIO CELEBRAMOS A DERROTA DO NAZIFASCISMO


RESOLUCIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE



O 9 de maio celebramos o aniversario da vitoria dos pobos contra o nazifascismo e mantemos o compromiso de loita contra a Europa da guerra e os monopolios



O Comité Executivo do PCPE, ante este 66º aniversario da vitoria dos pobos de Europa fronte ao horror nazifascista, quere renovar o compromiso do conxunto de militantes do PCPE por continuar a loita fronte ás políticas da Unión Europea, expresión hoxe no noso continente dos intereses dos monopolios, do gran capital e instrumento imperialista contra os pobos do mundo.



É necesario recuperar e dignificar a memoria auténtica dos loitadores e loitadoras antifascistas que, en moitos países que actualmente compón a UE, deron a vida e sacrificáronse por liberar aos seus pobos da ameaza nazifascista, exemplo extremo sanguinario e violento da reacción burguesa fronte a unha clase obreira triunfante e que demostraba a posibilidade dun mundo sen explotación mentres edificaba o socialismo na URSS.



Fronte a quen hoxe, desde parlamentos, ministerios, comisións ou fundacións, pretenden empañar a memoria dos loitadores e loitadoras antifascistas mentres recuperan os símbolos e mensaxes dos colaboracionistas nazis, utilizando para iso hipócritamente unha pretendida equiparación do comunismo co nazifascismo, o PCPE quere expresar a súa admiración pola exemplar tarefa antifascista e de construción socialista que levou a cabo en boa parte de Europa tras a súa liberación por parte do Exército Vermello



Así mesmo, o PCPE quere expresar a súa máis absoluta condena das medidas propostas e adoptadas en diversas instancias da UE, tendentes a criminalizar as ideas e a simboloxía comunistas así como a revisar a historia para dulcificar o papel de quen colaboraron cos réximes asasinos nazifascistas, todo o cal vai encamiñado desprestixiar hoxe a quen loitamos por unha sociedade sen explotadores na que os pobos, e non os intereses do gran capital, sexamos quen decidamos o rumbo e o modelo socioeconómico a seguir.



En España atopámonos en plena campaña electoral, na que se elixe aos representantes locais e autonómicos. Os partidos do sistema dedican unha boa parte dos seus discursos a lexitimar as políticas da UE, mentres que o PCPE aproveita esta campaña electoral para realizar unha expresa e decidida de denuncia dos mecanismos de opresión que o capital desenvolve no noso país, entre os cales os plans da Unión Europea teñen gran importancia.



As políticas antiobreras e contra os intereses populares que se aproban polos gobernos da UE foron as causantes de masivas perdas de empregos en sectores como a agricultura, a gandería ou a pesca, teñen tranformado importantes zonas industriais en auténticos desertos, obrigando á mocidade a emigrar, sentaron as bases para un proxecto que ten para o noso país un modelo económico terciario, enfocado ao turismo, carente de capacidade industrial e autonomía enerxética.



Neste plan colaboraron todas as institucións, estatais, autonómicas e municipais, facendo uso de miles de millóns de euros en fondos europeos para o enriquecemento dalgunhas empresas, aplicando conscientemente unhas políticas que non supón máis que lesións constantes aos intereses do conxunto da clase obreira e sectores populares.



Os e as comunistas do PCPE estamos comprometidos na loita contra os monopolios e as consecuencias da profundización no carácter imperialista da Unión Europea en todos os ámbitos. As consecuencias dos plans de estabilidade, o pacto polo euro-plus e outras decisións tomadas polo Consello Europeo, a Comisión Europea ou o Eurogrupo, especialmente os denominados "rescates" económicos a Grecia, Irlanda, Portugal e, posiblemente, a máis países no futuro, afectan directamente aos servizos públicos a todos os niveis, especialmente local e autonómico, posto que implicarán máis recortes, máis privatizacións e máis espazos que se abrirán para a acumulación capitalista, e non para a satisfacción das necesidades do pobo.



Por todo iso, hoxe reafirmamos o noso compromiso de loita contra as políticas capitalistas, da UE, dos gobernos estatais, municipais ou autonómicos. Reafirmamos o noso compromiso coa clase obreira e os sectores populares que son hoxe os principais afectados por esas políticas, e facemos un chamamento á organización no Partido Comunista como vía máis eficaz para iniciar o camiño da resistencia e da loita fronte aos continuos ataques da oligarquía, que nos permitirá acumular as forzas suficientes para iniciar a edificación do Socialismo e o Comunismo no noso país.



Comité Executivo do PCPE

Madrid, 9 de maio de 2011.