

TRABALLO PROPAGANDÍSTICO DAS ORGANIZACIÓNS LOCAIS DE VIGO, PONTEVEDRA, COMPOSTELA E LUGO


.jpg)
Lugo contra o fascismo
O pasado día 2 de maio, medio centenar de neonazis reuníronse en Lugo para asistir a un concerto de carácter racista, intolerante e xenófobo. A través de diversos medios dixitais, os asistentes ó evento de exaltación nazi ameazaban con rematar a noite con unha “cacería”. Pese a que a información sobre a convocatoria era confusa, os membros dos CJC-CMC, xunto con numerosas organizacións populares, tomamos as rúas para denunciar a presenza fascista na nosa cidade e deixar claro que non imos tolerar ningún dos seus actos, xa que o fascismo exténdese se non se lle combate.
A manifestación antifascista celebrouse na “Praza do campo” as 20:30, onde a forte presenza antifascista lanzou un claro sinal do carácter popular e antifascista da mocidade de Lugo. A pesar de que a manifestación foi pacífica, tras ésta, dous dos nosos camaradas foron seguidos pola polícia nacional e obrigados a identificarse, xa lonxe da “Praza do Campo”. O único elemento distintivo foi unha bandeira dos CMC. Un deles foi levado pola polícia ata comisaría, onde examinaron as suas pertenencias, incluíndo as do partido.
¡Galiza, Antifascista Sempre!


Desde hai case un ano, os medios de comunicación repiten insistentemente unha palabra: crise. A crise existe, como é obvio, pero como a realidade demostra de forma teimuda, a crise afecta de xeito moi diferente á burguesía e aos traballadores. Aínda con todo isto, non debemos esquecer o máis importante: que a crise dos traballadores non é algo conxuntural, senón natural baixo o capitalismo.
O 13 de maio tiñan lugar asembleas nos estaleiros da ría de Vigo, tratándose a situacion dos traballadores inmigrantes, que non están a cobrar correctamente nin teñen as condicións laborais que marca o convenio provincial do Metal de Pontevedra. Por iso, decidiuse cortar a actividade de dez a dúas e cortar o tránsito na avenida de Beiramar, asi como os traballadores de Vulcano decidiron mobilizarse e acudir até Metalships e Cíes, para trasladarlles aos seus compañeiros estas situacións.Como consecuencia da última folga no sector naval no ano 2007 polo control da contratación conseguíuse que máis de 2.000 contratos pasaran a ser indefinidos."os empresarios non ficaron quietos, contrataron novas subcontratas das contratas, algunhas de aquí e outras de fora, fundamentalmente de Portugal, e trouxeron traballadores/as de distintos países, para dispor de man de obra máis barata. CIG-Metal denuncia que ao mesmo tempo falsifican as nóminas para aparentar legalidade e presentan contratos indefinidos para os que se obriga a asinar previamente o finiquito",
En Gamesa Ferrol nos primeiros meses deste ano tense producido o despedimento de cando menos 250 persoas entre traballadores e traballadoras de ETT e do cadro de persoal principal”
Agora a empresa xa anunciou a súa intención de rescindir o contrato a todo o persoal de ETTs que aínda continúa en Gamesa, así como a 50 operarios/as propios máis.
Concentracion de traballadores/ as de Correos en Compostela. en contra da política de redución de postos de traballo que está a levar adiante a empresa pública. A mobilización, convocada pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa na provincia de A Coruña, marca o inicio dun calendario de protestas que continuarán os vindeiros días 19 e 20 de maio nas cidades de A Coruña e Ferrol.
O mércores 13 de maio volvian rachar as negociacións do Convenio do Metal da provincia de Pontevedra, dado que a Patronal deste sector, excusándose nas mobilizacións contra a contratación irregular no naval, volvía abandonar a mesa, na que sempre presentaron as mesmas propostas, cun convenio para dous anos e perda de poder adquisitivo para os traballadores. A CIG-Metal, neste contexto, considera que é "moi importante volver dar unha mostra de forza e convocar novas medidas de presión.
A CIG-Ensino entregou no Rexistro xeral da Xunta de Galiza as sinaturas de 356 coordinadores/as das Equipas de Normalización Lingüística dos centros públicos de ensino, reclamando o mantemento do Decreto de Normalización e uso do galego, así como medidas de protección e promoción activa do noso idioma.



Solidariedade co Naval!!
Condicións de traballo dignas
Non á discriminación d@s traballadores e traballadoras inmigrantes
DE EIQUÍ OU DE FORA, UNHA MESMA CLASE TRABALLADORA
basta de ESCRAVITUDE
basta de DESPEDIMENTOS
NON Á EUROPA DO CAPITAL E DA EXPLOTACIÓN
A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!!!


Dirixímonos a vós ante as eleccións europeas de 2009. Dirixímonos aos traballadores e pequenos agricultores, sindicalistas, militantes do movemento pacifista, do movemento feminista, do movemento xuvenil, militantes polos dereitos democráticos, polas liberdades populares, da solidariedade interncional, militantes dos movementos contra os tratados da UE e a OTAN. Compartimos a visión dunha sociedade sen explotación do home polo home, sen pobreza, inxustiza social e guerras imperialistas. Confluímos nesta campaña a favor dunha Europa de prosperidade para a xente, de paz, de dereitos sociais e democráticos, unha Europa que non ten nada que ver coa UE do capital e a guerra.(...mais:
Votade polas listas ás que apoiamos en cada país.
Debilitemos ás forzas que apoian e defenden a UE - Fortalecédevos
NON á UE dos monopolios e o militarismo.
Por unha Europa de prosperidade para o pobo, de paz, xustiza social e dereitos democráticos, de socialismo.
Os Partidos:
A DEREITA REPRESENTANTE DOS SECTORES MÁIS ESCUROS E ANTIPOPULARES DA OLIGARQUÍA CONSEGUIU ABRIR DEMAGÓXICAMENTE UN FALSO DEBATE SOCIAL (MOI UTIL PARA BOTAR UNHA CORTIÑA DE FUME DIANTE DOUTROS DEBATES QUE ESTÁN A POÑER EN PERIGO A SUPERVIVENCIA MESMA DO SISTEMA DE EXPLOTACIÓN; MOI UTIL PARA REENCARAMARSE NOS SILLÓNS DO GOBERNO AUTONÓMICO) SOBRE A “”LIBERDADE”(!!!) DE ELECCIÓN DO IDIOMA.
REDUCIR O DEREITO DE USO DO IDIOMA A UN DEREITO DE CARÁCTER INDIVIDUAL OU FAMILIAR IGNORA OLÍMPICAMENTE O FEITO DE QUE UN IDIOMA É UN PATRIMONIO SOCIAL, NON FAMILIAR; É UNHA FERRAMENTA, UNHA CREACIÓN COLECTIVA E HISTÓRICA DUN POBO, QUE NADA TEN QUE VER COAS FOBIAS, COMPLEXOS, AUTOODIOS OU PREXUIZOS DE CERTOAS CIDADÁNS E DE CERTAS CLASES . LINGUAXE É O PENSAMENTO SON A MESMA COUSA. A IMPOSICIÓN DA LINGUA ÚNICA QUE ENMASCARA TODA ESA DEMAGOXIA BILINGÜE É UN INSTRUMENTO MÁIS DO PODER PARA IMPOÑER O PENSAMENTO ÚNICO (ou nulo) E CINGUIRNOS AÍNDA MÁIS O XUGO DA PREPOTENCIA IMPERIALISTA.
ESTA OPERACIÓN MUTILADORA E ETNOCIDA DIRIXIDA POR SECTORES DA DEREITA MÁIS CORRUPTA E CAVERNÍCOLA, E QUE PON AO SEU SERVIZO AO DISPOSITIVO POLICIAL E XUDICIAL PARA ESMAGAR SAÑUDAMENTE TODA DISIDENCIA, DEBE SER PARADA.
FRENTE AO DICTADO IMPERIALISTA DO PENSAMENTO ÚNICO E DA LINGUA ÚNICA DEFENDAMOS O GALEGO, FERRAMENTA DE EXPRESIÓN DO NOSO POBO E DA NOSA CLASE TRABALLADORA
MOBIICÉMONOS O VINDEIRO 17 DE MAIO PARA PARAR A CONTRARREFORMA LINGÜISTICA DA DEREITA E DO FASCISMO
a mobilización sae ás 12 da Alameda de Compostela


Daniel López Muñoz / Irimia.
Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.
The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”.
Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.
The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua.
This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.
So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo.
At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.
And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….
A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza solicita o voso apoio na campaña ‘En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública! baseada nas seguintes reivindicacións:
Queremos:
Asina en apoio da campaña en http://www.feminismo.info/
Durante o mes de Maio desenvolveranse palestras-coloquio nas diferentes comarcas con presenza da Marcha Mundial das Mulleres, nas que se presentará a publicación ‘O Dereito a Decidir: Situación actual e alternativas á despenalización do aborto' para propiciar o debate e reflexión social sobre a necesidade dunha lei de aborto que termine coa penalizacion e criminalizacion das mulleres.
E no Domingo 31 de Maio en Compostela elaboraremos un MAIO REIVINDICATIVO conxuntamente con todas as que vos queirades achegar á praza da Quintana desde as 11 da mañá.

