
Milleiros de traballadores do naval toman as rúas de Vigo para denunciar o bloqueo das negociacións do convenio do Metal
¡A crise capitalista que a paguen os ricos!
Celebramos o 1º de maio de 2009 inmersos nunha profunda crise económica provocada, entre outros factores, pola voracidade sen límites dun capitalismo que favoreceu o enriquecemento rápido a través da economía especulativa, xerando durante os últimos anos un aumento vertixinoso da taxa de beneficio fundamentalmente dos sectores financeiro e inmobiliario. O desplome anunciado da chamada burbulla inmobiliaria e a caída en picado da produción industrial, xunto á pechada negativa de concesión de crédito por parte das entidades financeiras son elementos craves dunha crise na que a peor parte recae, como non podía ser doutro xeito, sobre a clase traballadora e os sectores populares.
Máis de 4.010.700 de persoas están no desemprego, situando a taxa de paro nun alarmante 17.36% da poboación activa. No primeiro trimestre do ano 802.800 traballadores e traballadoras perderon o seu posto de traballo, nun ritmo de destrución de emprego sen precedentes na historia recente. Pero detrás das frías cifras e porcentaxes escóndese a verdadeira realidade que habemos de vivir, día tras día, as familias traballadoras, como a de 1.06.400 fogares nos que todos os seus membros están no paro, ou a dos traballadores inmigrantes, cuxa taxa de paro supera o 28%.
Non hai día en que non se aprobe un Expediente de Regulación de Emprego ou se peche unha empresa deixando a todos os seus traballadores e traballadoras na rúa. Mentres, o goberno de Zapatero dedica os seus esforzos ás operacións cosméticas no seu gabinete e a inxectar máis diñeiro ás entidades financeiras para garantir a súa liquidez, mostrándose incapaz de tomar medidas que conteñan a destrución de emprego e garantan unhas condicións de vida dignas para os sectores populares.
Na mesma onda os empresarios aproveitan a conxuntura para esixir reformas do mercado laboral, pondo o seu punto de mira na consolidación dos recortes de dereitos laborais e sociais coa escusa da crise económica. Outros xestores do capital, como o gobernador do banco de España claman por unha reforma das pensións que confronta claramente cos intereses da clase traballadora e os sectores populares.
Nesta conxuntura de ofensiva capitalista, e cunhas estruturas sindicais entregadas fai tempo á clase dirixente, a nosa tarefa máis urxente ha de consistir en dotar á clase obreira dos instrumentos necesarios para buscar unha saída á crise favorable aos intereses do pobo traballador. A oposición frontal ás medidas de conxelación salarial, á implantación de EREs en empresas con beneficios e aos despedimentos, han de ser a pedra angular dun sindicalismo de clase cuxos principais actores non serán os dirixentes sindicais senón os propios traballadores e traballadoras que adquiren conciencia da necesidade de loitar para non ser esmagados pola maquinaria capitalista.
Os comunistas do PCPE chamamos aos sectores máis conscientes e combativos da clase obreira a fortalecer o noso proxecto político. Só a existencia dun Partido Comunista forte e cun programa político profundamente transformador, que traballe entre as masas, será a garantía dunha saída á crise que beneficie ao pobo traballador e dun futuro socialista. O contrario será unha “refundación” do capitalismo que non pode traer outra cousa que máis explotación e miseria para a inmensa maioría da humanidade.
Facemos un chamamento a participar na xornada de loita contra a crise capitalista que as organizacións do PCPE desenvolverán ao longo e ancho do estado español o próximo 22 de maio baixo o lema ¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!
PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA
Comité Central www.pcpe.es
FRONTE Á CRISE CAPITALISTA, ORGANIZANDO A
LOITA OBREIRA E POPULAR POLO SOCIALISMO
No XIII Pleno do Comité Central -celebrado en Madrid os días 4 e 5 de abril- o PCPE
aprobou un ambicioso plan de traballo que sitúa ao conxunto do Partido ante o reto de
desenvolver unha ampla ofensiva política fronte á crise capitalista. Un Partido consciente da
súa responsabilidade histórica que, en contacto directo coa clase obreira e os sectores
populares, fai realidade na loita de clases as súas análises e as súas propostas programáticas.
Facer avanzar a loita obreira e popular, denunciar con claridade que o sistema capitalista é o
único responsable da crise, e que dentro del non hai saída favorable aos intereses da clase
obreira e os pobos, desenmascarar a todos os axentes sociais, políticos e sindicais
comprometidos cunha saída favorable ao sistema e lesiva para os intereses da maioría social,
situar o Socialismo como único horizonte real de superación da crise capitalista... son parte do
ambicioso programa que vimos impulsando, e que entendemos que, neste momento de
profunda crise do sistema, debemos desenvolver a fondo para converternos na ferramenta útil
que necesita a nosa clase para a súa emancipación.
Nese sentido a Xornada Estatal de Loita do día 22 de Maio - prolegómeno partidario do que
deberá ser a convocatoria dunha Folga Xeral masiva e combativa levada a cabo por un amplo
bloque popular fronte á crise - cobra un especial significado para medir a nosa capacidade de
intervención política e a ela, desde este momento, comprometemos todas as nosas mellores
capacidades. O partido é convocado pola Dirección Central a desenvolver unha xornada onde
o conxunto de organizacións territoriais, ao mesmo tempo, demostre as súas capacidades de
intervención política na loita de masas.
ELECCIÓNS EUROPEAS:
CONTRA A EUROPA DO CAPITAL E A GUERRA
VOTA COMUNISTA. VOTA PCPE
O próximo día 7 de Xuño a clase obreira, o campesinado, os sectores populares e a mocidade
dos pobos de España poderán votar a unha candidatura comunista.
O CC do PCPE aprobou a presentación dunha candidatura que, avanzando en coordinación
co resto de partidos comunistas europeos, ofrece unha alternativa electoral e de loita a todas
aquelas persoas que entendan que a Unión Europea -como proxecto económico e político da
oligarquía-, é unha formación contraria aos intereses da maioría de cidadáns e cidadás
europeas.
A UE é irreformable, todas as súas institucións e organismos existen para consolidar unha
estrutura de dominación oligárquica, por iso o PCPE preséntase cun programa que con
claridade expón a saída de España da UE. Rexeitamos o envío de tropas ao estranxeiro,
reivindicamos a recuperación da soberanía monetaria e territorial e por iso esiximos a saída
do Euro e da OTAN e o peche de todas as bases militares estranxeiras no noso territorio,
denunciamos o Tratado de Schengen e o peche de fronteiras e esiximos a libre circulación dos
traballadores e traballadoras, reivindicamos a nacionalización da banca e de todos os sectores
estratéxicos, e pedimos traballo ou prestación social para todas as persoas.
Sabemos que co noso programa nos situamos radicalmente fora da institucionalidade e que
por iso confrontamos directamente co sistema dominante. As nosas razóns, e a nosa forza
militante, irán construíndo unha alternativa á que se sumen cada día unha maior cantidade
de sectores sociais e a clase obreira que nesta situación de crise sistémica orienta as súas
aspiracións cara a cambios políticos profundos. Só no socialismo outro mundo é posible.
Comunicado de Prensa
Bruxelas, 2/4/2009
Declaración do grupo europarlamentario do PARTIDO COMUNISTA DE GRECIA KKE sobre a despreciable resolución anticomunista do Parlamento Europeo
O europarlamentario do KKE, Thanasis Pafilis, realizou unha declaración en nome do grupo
europarlamentario do KKE sobre a despreciable resolución anticomunista do Parlamento
Europeo. Declarou:
Ningún parlamento, ningunha maioría parlamentaria de representantes e servidores do
bárbaro sistema capitalista, do sistema de explotación do home polo home, pode borrar a
Resumimos polo seu interese un artigo de Pilar Rodríguez publicado por AVANTAR.
O artigo aborda aquelas situacións no mundo laboral que poñen en risco a vida dos fetos e mesmo das nais.
Situacións diante das que a Igrexa Católica, patronal e sectores afíns gardan silencio.
Denuncia a vulneracion de dereitos legais por parte de mutuas e empresas que denegan a continxencia de risco durante o embarazo.
Unha vez feita a denuncia, e cando saen as resolucións, mesmo se son favorabeis, con frecuencia as mulleres xa non están embarazadas por terse producido o parto.
O mesmo acontece coas demandas por risco durante a lactancia, resolucións que chegan tarde.
A baixa por continxencia común produce unha diminución de poder adquisitivo que provoca a reicorporación forzosa da muller, asumindo un risco de enfermidade e mesmo morte fetal ou materna por traballar en ambientes tóxicos.
CIG INFORMA (AVANTAR)
A sección sindical da CIG en GKN Driveline denuncia o incumprimento por parte do INEM, no pago das prestacións por desemprego derivadas do Expediente de Regulación de Emprego da empresa GKN Driveline, case 800 os traballadores afectados”.
O persoal da Vidreira do Atlántico iniciou a oitava xornada de folga o domingo 5 de abril desde as dez da noite, que se prolongará até as seis da mañá do martes, 32 horas continuadas..
SACYR, unha das principais empresas construtoras do AVE na provincia de Ourense, está a incumprir reiteradamente a normativa en materia de xornada laboral e descansos, impoñendo un horario de 10 e 11 horas diarias e obrigando a traballar en datas festivas.
Centrais sindicais da Saúde con representación no Hospital Meixoeiro e no Nicolás Peña denuncian a mudanza das condicións laborais das enfermeiras que forman parte do servizo de hospitalización a domicilio, facendo quendas rotativas, pasando de traballar no ámbito rural ao urbano, e viceversa.
Os delegados e delegadas da CIG-Construción realizaron o 3 de abril unha nova xornada de mobilizacións para denunciar o incumprimento sistemático do convenio por exceso de xornada, (mínimo 10 horas) e a perda de salario.
CUT INFORMA
NOTA DE PRENSA DA COORDINADORA DE PONTEVEDRA CONTRA A GUERRA DE 2 DE ABRIL DE 2009:
4 de abril: Mobilización internacional no 60 aniversario da OTAN
60 anos de OTAN, 60 anos de agresións impunesDentro da mobilización internacional contra a guerra, na conmemoración do 60 aniversario da OTAN, o vindeiro sábado 4 de abril a Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra despregará unha pancarta ás 13h na Cruz da Alameda de Pontevedra pola saída da OTAN e a desaparición da BRILAT de Pontevedra e do €xército.
Este acto será a presentación da súa campaña antimilitarista que contará con unha mesa redonda o día 23 de abril con participantes en experiencias veciñais contra a expansión da BRILAT, de insubmisión, contra o recrutamento (servicio militar obrigatorio), etc.
A Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra aproveita a conmemoración do 60 aniversario para unirse ós actos de protesta internacional e denunciar o seu papel real agresivo e de imposición militar de un capitalismo en crise mortal.
Mentres o custo total en armamento nos estados membros da OTAN seguen a subir chegando ao 70% dos gastos militares mundiais, no estado español adícase este ano ao gasto militar 50,98 millóns de euros ao día, recursos que non se dedicarán a problemas reais (laborais, sociais, ambientais, de pobreza) que a sociedade enfronta de cotío.
Mentres se xustifican as intervencións militares por razóns humanitarias (as chamadas misións de paz do exército español custan máis de un millón y medio de euros ao día), realmente so o 0,006% se destina a cuestións humanitarias do gasto total militar. Por cada euro dedicado a investigación sanitaria se dedican 5 á investigación militar.
A base militar da BRILAT, -que ocupa uns montes comunais (arrebatados pola forza durante o franquismo) e se quere ampliar en contra da vontade da veciñanza-, participa na ocupación de Kosovo, Líbano ou Afganistán (so Afganistán supón un gasto de 700 millóns de euros dende 2002).
Dende a Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra apostamos pola saída e futura disolución da OTAN, e pola desaparición da BRILAT e o Exército.
ISTO SON PROFECÍAS E NON AS DE NOSTRADAMUS:
"Os donos do capital estimularán á clase
traballadora para que compren máis e máis bens de consumo,
vivendas e tecnoloxía, facéndolles deber cada vez máis,
ata que a súa débeda se volva insoportable. A renuncia ao
pago da débeda levará aos bancos á bancarrota, polo que
terán que ser nacionalizados e o Estado dirixir
a economía."
Karl Marx, no Capital
A MONARQUÍA É A DITADURA,
A REPÚBLICA SERÁ A DEMOCRACIA
No 78 aniversario da proclamación da República, desde o PCPE e os CJC saudamos o continuo avance do movemento pola República e manifestamos a nosa determinación de seguir loitando para que a III República sexa logo unha realidade.
A monarquía borbónica consagrada pola Constitución de 1978, co rei designado pola ditadura fascista, garante a pervivencia do franquismo con outras formas. A chamada Transición foi un cambio na forma de dominación dos mesmos sectores sociais minoritarios que se ergueron en armas contra o lexítimo goberno republicano. Como republicanos e defensores da democracia, as liberdades e os intereses populares, rexeitamos dita Constitución e o réxime que se sustenta nela. Non nos serven as reformas á Constitución monárquica; é necesario superala mediante unha loita continuada que leve á súa derogación e á apertura dun proceso constituinte coa proclamación da III República.
O continuo deterioro dos dereitos sociais e económicos, coa crecente explotación da clase obreira, e a defensa dogmática da unidade de España, en contra do dereito democrático de autodeterminación dos pobos, son as principais características deste sistema monárquico herdado do franquismo. As consecuencias vémolas diariamente, somos os traballadores e traballadoras, os e as moz@s, e en xeral as clases populares quen pagan co seu salario, o seu emprego e a súa contribución ás arcas públicas a crise capitalista.
Mentres mantemos á familia real con toda clase de luxos, nós temos cada día máis dificultades para pagarnos unha vivenda ou conseguir un traballo digno. Continúa a privatización dos servizos públicos e sociais e o goberno inviste cada vez máis no gasto militar. Baixo o desenvolvemento de novas formas de colonización económica prodúcese o saqueo doutros territorios máis desfavorecidos polas grandes empresas españolas, sobre todo en América Latina, ao mesmo tempo que aumenta o maltrato á inmigración procedente destes e outros países, en percura dunha vida mellor. O sistema xera xenofobia, que reforza aos grupos neonazis e racistas, á vez que a patronal utiliza a inmigración para a obtención de plusvalía coa superexplotación destes traballadores.
O bipartidismo deseñado na chamada Transición para impedir a existencia de alternativas ao réxime que daba continuidade ao franquismo, foise impoñendo e convertendo a suposta democracia nunha farsa, con dous partidos alternantes, o PP e o PSOE, que asumen e defenden a monarquía e o capitalismo neoliberal e impiden unha verdadeira alternativa para a maioría. Chámano democracia e non o é.
A crise capitalista recae sobre a clase obreira, mediante o aumento do paro, os recortes salariais, o abaratamento do despedimento e o empeoramento das condicións laborais. Tamén se suscitan novas privatizacions de servizos públicos, como impón o Tratado de Lisboa, que é a forma que finalmente adoptou a rexeitada Constitución Europea e que, como aquela, resume os intereses da oligarquía europea.
Algúns feitos dos últimos meses amosan a realidade do réxime monárquico. A Lei de Memoria Histórica é unha nova lei de punto final que profundiza no modelo español de impunidade e impide a restitución política, legal e moral das vítimas do franquismo e da transición. Os aparellos do estado lanzáronse abertamente á represión do republicanismo e da crítica á familia real. Agudízase a criminalización da esquerda abertzale, con novas ilegalizacions de candidaturas e o encarceramento de dirixentes políticos. A impunidade da que gozan os grupos ultradereitistas permitiu unha escalada de accions violentas que chegaron ao asasinato.
Fronte a todo isto, a República supón a esperanza de superar un estado limitador dos dereitos democráticos e sociais, e romper definitivamente co retroceso dos devanditos dereitos, o franquismo e os privilexios de oligarquía. Os CJC e o PCPE defendemos unha República de carácter confederal e socialista.
República Socialista para a recuperación da soberanía popular e como garante de liberdades e de xustiza social. Necesitamos un novo estado baseado na democracia participativa da clase obreira e do pobo, ao servizo do pobo e dirixido por este, coa clase obreira á fronte. Habemos de romper cos valores consumistas en aras de fomentar un #achegamento e acceso á cultura de todas e todos. República de carácter confederal, unión voluntaria de pobos libres e soberanos en que se recoñeza o dereito de autodeterminación, para que se garanta o desenvolvemento dos procesos de construción nacional das distintas realidades nacionais que conviven no estado español.
O PCPE e os CJC defendemos o traballo de construción da República desde a base.
O Movemento pola III República ven medrando e pode seguer a facelo.
Saudamos a creación de novos colectivos republicanos unitarios, o traballo da Coordinadora Estatal Republicana e das coordinadoras territoriais e chamamos a loitar unitariamente pola III República, a facer da súa reivindicación a base dun programa político de avance democrático e social, sustentado nos oito puntos do movemento republicano. É necesario, para iso, organizar e desenvolver colectivos republicanos en todo o estado e que estes se coordinen para aumentar a súa capacidade de intervención política.
Este movemento debe arraigarse e implicarse nos problemas populares cotiáns, logrando que a República sexa unha esperanza de progreso e transformación social para sectores cada vez máis amplos do noso pobo, á vez que se van implantando os seus valores desde a base, nun traballo que debe ser unitario e rexeitar todo intento de instrumentalización partidista ou electoral.
Os e as comunistas do PCPE vemos a importancia da unión dos e as mozas, a clase traballadora e as clases populares, na loita para a superación deste réxime monárquico imposto pola ditadura na que se nos obrigou a vivir, condición necesaria para a conquista dun futuro democrático no que sexa posible camiñar cara ao socialismo.
A loita pola III República avanza. Neste 14 de abril debemos conseguir que as mobilizacions unitarias acaden un gran éxito en todo o estado. Poñamos en marcha a nosa capacidade de medrar e organizarnos en aras de conseguir o noso obxectivo: a proclamación da III República.
POLA DEROGACION DA CONSTITUCION DE 1978
POR UN PERIODO CONSTITUINTE REPUBLICANO
POR UNHA REPUBLICA DE CARÁCTER CONFEDERAL E SOCIALISTA
PARTIDO COMUNISTA DOS POVOS DE ESPAÑA
E CÓMO, SE NON?!
“Os compañeiros/as da CGTP recollen sinaturas nas fábricas portuguesas da BA, en solidariedade co persoal da Vidreira de Xinzo.
Dende o domingo pola noite, o persoal da Vidreira de Xinzo está desenvolvendo a sétima xornada de folga de 32 horas na fábrica, que novamente contou cun apoio masivo”.
Difundir novas como ista aparecida en Avantar é sempre agradabel, pero é máis ca iso. Son leccións de intelixencia de clase que debemos de compartir e sobre as que compre reflexionar coleitivamente e sen tregua.
Está moi escoitado xa aquelo de que mentres a patronal e a reación saben unirse contra da clase obreira, nós imos moito mais lentos nesa asignatura.
Pois ben, é responsabilidade de cada traballador e cada traballadora, de cada cadro sindical, a todos os niveis, loitar sen descanso pola confluencia das loitas sindicais nunha única e poderosa corrente mundial que poña en retroceso ao inimigo de clase. Internacionalismo ou derrota.
Non se trata dunha expresión de impaciencia. Limitámonos a observar os feitos e a súa lóxica implacábel.
Cada un e cada unnha de nós debe de levar adiante isa iniciativa dende o seu posto, sempre para adiante. Todo descoido desa prioridade é un lento (xa non tan lento!) suicidio de clase.
Cada un e cada unnha de nós debe de levar adiante isa iniciativa dende o seu posto, sempre para adiante. Todo descoido desa prioridade é un lento (xa non tan lento!) suicidio de clase.
“É marabilloso e para tirar o sombreiro o comportamento dos compañeiros e compañeiras portugueses da CGTP e das fábricas da BA..;.é por iso que nós (os operarios/as da Vidreira de Xinzo) tamén somos da CGTP-IN”.
CIG INFORMA (AVANTAR)
O pasado xoves 26 de marzo tiña lugar no Salón de Actos da CIG de Vigo unha nova asemblea de delegados e delegadas do Metal para analizar a situación da negociación colectiva do Convenio provincial do Metal da provincia de Pontevedra. Nesta asemblea interviron numerosos delegados, asi como aquelas persoas que, pola parte da CIG, conforman a Mesa Negociadora do Convenio, para trasladar a súa visión do que está a acontecer nas xuntanzas coa patronal….Ademais, nesta asemblea aprobáronse propostas de accións a desenvolver conxuntamente coas outras centrais sindicais, cara a comezar as mobilizacións para que se axilice esta negociación colectiva.
Traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar iniciaron esta mañá un peche indefinido na sede central do organismo para exixir a realización das oposicións dentro dos prazos acordados na Mesa de Negociación e defenderon o carácter público dos servizos prestados polo Consorcio, ante as declaracións do futuro presidente da Xunta de Galiza.
A CIG de Ourense denunciou diante da delegación da Inspección de Traballo e Seguridade Social nesta cidade o incumprimento de medidas de seguridade contra a empresa que está a executar obras de renovación da cuberta do edificio situado no no 13 da Rúa Coruña da cidade de Ourense, "sen que podamos precisar a razón social exacta da mesma". A denuncia débese á presenza de amianto nas obras.
CGT INFORMA
En protesta polo despido de Xurxo, de GAINCA. Estas son as concentracións (de 19:30 ata as 20:30 horas, diante do Teatro Sala de Concertos de Caixanova) previstas para o mes de abril: Días 2,3 e 4. Días 16, 17, 18 e 19. Día 21. Días 23, 24 e 25. Días 29 e 30.