ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 16 de abril de 2009

CELEBRADO EN MADRID O XIII PLENO DO COMITÉ CENTRAL PCPE





FRONTE Á CRISE CAPITALISTA, ORGANIZANDO A
LOITA OBREIRA E POPULAR POLO SOCIALISMO



No XIII Pleno do Comité Central -celebrado en Madrid os días 4 e 5 de abril- o PCPE
aprobou un ambicioso plan de traballo que sitúa ao conxunto do Partido ante o reto de
desenvolver unha ampla ofensiva política fronte á crise capitalista. Un Partido consciente da
súa responsabilidade histórica que, en contacto directo coa clase obreira e os sectores
populares, fai realidade na loita de clases as súas análises e as súas propostas programáticas.
Facer avanzar a loita obreira e popular, denunciar con claridade que o sistema capitalista é o
único responsable da crise, e que dentro del non hai saída favorable aos intereses da clase
obreira e os pobos, desenmascarar a todos os axentes sociais, políticos e sindicais
comprometidos cunha saída favorable ao sistema e lesiva para os intereses da maioría social,
situar o Socialismo como único horizonte real de superación da crise capitalista... son parte do
ambicioso programa que vimos impulsando, e que entendemos que, neste momento de
profunda crise do sistema, debemos desenvolver a fondo para converternos na ferramenta útil
que necesita a nosa clase para a súa emancipación.
Nese sentido a Xornada Estatal de Loita do día 22 de Maio - prolegómeno partidario do que
deberá ser a convocatoria dunha Folga Xeral masiva e combativa levada a cabo por un amplo
bloque popular fronte á crise - cobra un especial significado para medir a nosa capacidade de
intervención política e a ela, desde este momento, comprometemos todas as nosas mellores
capacidades. O partido é convocado pola Dirección Central a desenvolver unha xornada onde
o conxunto de organizacións territoriais, ao mesmo tempo, demostre as súas capacidades de
intervención política na loita de masas.


ELECCIÓNS EUROPEAS:
CONTRA A EUROPA DO CAPITAL E A GUERRA

VOTA COMUNISTA. VOTA PCPE

O próximo día 7 de Xuño a clase obreira, o campesinado, os sectores populares e a mocidade
dos pobos de España poderán votar a unha candidatura comunista.
O CC do PCPE aprobou a presentación dunha candidatura que, avanzando en coordinación
co resto de partidos comunistas europeos, ofrece unha alternativa electoral e de loita a todas
aquelas persoas que entendan que a Unión Europea -como proxecto económico e político da
oligarquía-, é unha formación contraria aos intereses da maioría de cidadáns e cidadás
europeas.
A UE é irreformable, todas as súas institucións e organismos existen para consolidar unha
estrutura de dominación oligárquica, por iso o PCPE preséntase cun programa que con
claridade expón a saída de España da UE. Rexeitamos o envío de tropas ao estranxeiro,
reivindicamos a recuperación da soberanía monetaria e territorial e por iso esiximos a saída
do Euro e da OTAN e o peche de todas as bases militares estranxeiras no noso territorio,
denunciamos o Tratado de Schengen e o peche de fronteiras e esiximos a libre circulación dos
traballadores e traballadoras, reivindicamos a nacionalización da banca e de todos os sectores
estratéxicos, e pedimos traballo ou prestación social para todas as persoas.
Sabemos que co noso programa nos situamos radicalmente fora da institucionalidade e que
por iso confrontamos directamente co sistema dominante. As nosas razóns, e a nosa forza
militante, irán construíndo unha alternativa á que se sumen cada día unha maior cantidade
de sectores sociais e a clase obreira que nesta situación de crise sistémica orienta as súas
aspiracións cara a cambios políticos profundos. Só no socialismo outro mundo é posible.