Resumimos polo seu interese un artigo de Pilar Rodríguez publicado por AVANTAR.
O artigo aborda aquelas situacións no mundo laboral que poñen en risco a vida dos fetos e mesmo das nais.
Situacións diante das que a Igrexa Católica, patronal e sectores afíns gardan silencio.
Denuncia a vulneracion de dereitos legais por parte de mutuas e empresas que denegan a continxencia de risco durante o embarazo.
Unha vez feita a denuncia, e cando saen as resolucións, mesmo se son favorabeis, con frecuencia as mulleres xa non están embarazadas por terse producido o parto.
O mesmo acontece coas demandas por risco durante a lactancia, resolucións que chegan tarde.
A baixa por continxencia común produce unha diminución de poder adquisitivo que provoca a reicorporación forzosa da muller, asumindo un risco de enfermidade e mesmo morte fetal ou materna por traballar en ambientes tóxicos.