ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 1 de abril de 2009

Declaración conxunta de Partidos Comunistas e Obreiros con motivo do 60 aniversario da OTAN


O 4 de abril de 2009 ten lugar o 60 aniversario da fundación da OTAN, organización imperialista dirixida polos EEUU.

A OTAN creouse supostamente para confrontar coa URSS, o primeiro estado obreiro do mundo que resistiu e afrontou con éxito o ataque da praga nazi, dando un novo ímpeto á loita pola liberación nacional e social en todo o mundo.

Ao mesmo tempo, os gobernos capitalistas dos EEUU, Canadá e Europa Occidental necesitaban un mecanismo político e militar para reprimir e intimidar aos pobos. Esta necesidade foi cuberta coa fundación da OTAN.

O seu obxectivo era facer fronte e obstruir por medio das armas todo tipo de cambios de tipo progresista. Por ese motivo, pero tamén para asegurar os intereses do imperialismo, a OTAN apoiou a réximes reaccionarios e ditaduras en Grecia, Turquía, España e Portugal, mentres xogaba un papel dirixente na partición de Chipre.

A súa actividade baseábase, e aínda se basea, no anticomunismo e en todo tipo de manipulacións e provocacións contra o movemento comunista revolucionario e a loita popular pola paz, a xustiza social e o socialismo.

A historia da OTAN, no seu papel de "sheriff" mundial do imperialismo, vai unida a violacións do dereito internacional. Está salpicada polo sangue das vítimas das súas intervencións directas ou indirectas por todo o mundo.

O carácter da OTAN como mecanismo militar, como ferramenta básica da actividade imperialista nos seus estados membros, así como fóra das súas fronteiras, para o establecemento da "nova orde" é plenamente coñecido hoxe.

O argumento de que a OTAN era un Tratado supostamente defensivo é unha mentira e propaganda baleira tendente a ocultar os verdadeiros obxectivos e o verdadeiro papel desta organización agresiva. Desde o Cume de Roma de 1992 e o de Wáshington de 1999, a OTAN adoptou unha nova doutrina que dá a posibilidade de intervir en todo o mundo, en nome de novas ameazas, baixo o pretexto de loitar contra o terrorismo, da protección do fluxo dos recursos naturais, etc. Durante este período, a OTAN funcionou coa súa nova estrutura, baseada principalmente nas agresivas "forzas de despregamento rápido".

Os EEUU, xunto coa UE, organizaron a disolución de Iugoslavia e así a OTAN desencadeou a guerra en Bosnia, levou a cabo unha guerra sucia contra Serbia, con 78 días de bombardeo en 1999 que puxeron ao país de xeonllos e levaron á ocupación pola OTAN e a UE de Kósovo e á súa "independencia" de Serbia.

As guerras da OTAN nos Balcáns e Afganistán e a participación na intervención no Iraq, demostraron que a brutalidade imperialista e a imposición dunha "nova orde" son inimigas dos estados e os pobos que reaccionan fronte á agresividade imperialista. Por iso, aumenta o armamentismo e desenvólvense novos sistemas armamentísticos de ameaza, como o denominado escudo antimísiles, en Polonia e a República Checa.

O programa da OTAN "Partenariado para a Paz" promove a súa expansión cara a novos estados membros. Aplicouse en todos os antigos estados socialistas da Europa Central e Sudoriental que posteriormente se converteron en membros da OTAN. Hoxe presiónase ao goberno da República de Chipre para que se una a este programa e se integre nos plans euroatlánticos. O goberno e o pobo de Chipre resisten firmemente porque unirse a ese programa significaría outorgar a indulxencia pola invasión do exército turco de Chipre, levada a cabo coa aprobación dos EEUU e a OTAN, así como aceptar a ocupación de facto dunha parte da illa polas tropas turcas, ocupación que hoxe continúa.

Os conceptos imperialismo, EEUU, OTAN e UE están moi vinculados entre si. A pesar das súas contradicións e antagonismos, tanto a UE como os EEUU vólvense contra os pobos, xa que a UE, no Tratado europeo, considera á OTAN como o seu principal alicerce e acepta plenamente o seu papel. O Euroxjército está vinculado á OTAN e Francia volve ao brazo militar desta.

No 60 aniversario da súa fundación, a OTAN tenta presentarse "tan inocente como unha pomba", cunha campaña de propaganda sen precedentes para terxiversar a historia, por medio de medios de comunicación manipulados polo sistema, de universidades financiadas con programas de investigación da OTAN, etc.

A OTAN aparece como todopoderosa, pero non o é. A crise económica mundial do capitalismo fortalece a agresividade imperialista á vez que mostra os seus límites. O imperialismo non pode existir sen o control de novos mercados, sen a ampliación da súa influencia, sen a opresión a outros pobos, ademais da os pobos dos seus propios estados, para acadar a expansión da actividade dos monopolios.

Existe un contrapeso á OTAN: as forzas antiimperialistas de todo o mundo, os movementos globais contra a guerra, antiimperialistas e pacifistas que, en coordinación co movemento obreiro e o resto de movementos sociais das mulleres, da mocidade e da solidariedade, loitan contra o imperialismo e esixen aos colaboradores da "alianza depredadora" a inmediata disolución da OTAN.

Esta é a única vía posible para os pobos. Habemos de deter a agresividade imperialista, contribuír a derrotar ao imperialismo, o que constitúe unha condición necesaria para un mundo en paz.

Hoxe en día, a condena verbal dos crimes e ameazas da OTAN non é suficiente. É necesaria a existencia dun amplo movemento pacifista contra a guerra e antiimperialista que una aos traballadores, a mocidade e amplas capas sociais e populares.

Os pobos, coa súa loita, poden realmente obstaculizar os plans criminais da OTAN e o resto de forzas imperialistas, e poden vencer.

Os Partidos Comunistas e Obreiros chaman aos pobos a intensificar a súa loita:
Contra os gastos militares.
Pola prohibición dos programas da OTAN nas universidades.
Polo regreso inmediato de todas as tropas e o resto de misións que participan en operacións imperialistas fóra dos nosos países.

Pola empancipación dos nosos países das guerras imperialistas, das ocupacións e as intervencións imperialistas.

Pola retirada de todas as bases militares dos nosos países.
Pola saída dos nosos países da OTAN.
Pola disolución da OTAN.
VIVA A AMIZADE ENTRE OS POBOS
ABAIXO A NOVA ORDE DOS IMPERIALISTAS

Os Partidos
Algerian Party for Democracy and Socialism
Communist Party of Bangladesh
Communist Party of Belarus
Worker’s Party of Belgium
Workers' Communist Party of Bosnia and Herzegovina
Brazilian Communist Party
Communist Party of Brazil
Communist Party of Britain
New Communist Party of Britain
Party of the Bulgarian Communists
Communist Party of Canada
Socialist Workers' Party of Croatia
Communist Party of Cuba
Communist Party of Bohemia Moravia
Communist Party in Denmark
Communist Party of Estonia
Communist Party of Finland
German Communist Party (DKP)
Communist Party of Greece
Hungarian Communist Workers’ Party
Communist Party of India
Communist Party of India [Marxist]
Communist Party of Ireland
Party of the Italian Communists
Jordanian Communist Party
Socialist Party of Latvia
Lebanese Communist Party
Socialist Party of Lithuania
Communist Party of Luxemburg
Communist Party of Malta
Party of the Communists, Mexico
New Communist Party of the Netherlands
Communist Party of Pakistan
Communist Party of Poland
Portuguese Communist Party
Romanian Communist Party
Communist Party of Russian Federation
Communist Party of Soviet Union
Communist Workers Party of Russia-Party of Communists of Russia (RKRP-RPC)
Union of Communist Parties –CPSU
New Communist Party of Yugoslavia
Party of the Serbian Communists
Communist Party of Slovakia
South African Communist Party
Communist Party of Spain
Communist Party of the Peoples of Spain
Communist Party of Sri-Lanka
Syrian Communist Party
Communist Party of Syria
Communist Party of Sweden
Communist Party of Turkey
Communist Party of Ukraine
Union of Communists of Ukraine
Communist Party of Uruguay
The endorsements continue to be gathered