NOTA DE PRENSA DA COORDINADORA DE PONTEVEDRA CONTRA A GUERRA DE 2 DE ABRIL DE 2009:
4 de abril: Mobilización internacional no 60 aniversario da OTAN
60 anos de OTAN, 60 anos de agresións impunesDentro da mobilización internacional contra a guerra, na conmemoración do 60 aniversario da OTAN, o vindeiro sábado 4 de abril a Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra despregará unha pancarta ás 13h na Cruz da Alameda de Pontevedra pola saída da OTAN e a desaparición da BRILAT de Pontevedra e do €xército.
Este acto será a presentación da súa campaña antimilitarista que contará con unha mesa redonda o día 23 de abril con participantes en experiencias veciñais contra a expansión da BRILAT, de insubmisión, contra o recrutamento (servicio militar obrigatorio), etc.
A Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra aproveita a conmemoración do 60 aniversario para unirse ós actos de protesta internacional e denunciar o seu papel real agresivo e de imposición militar de un capitalismo en crise mortal.
Mentres o custo total en armamento nos estados membros da OTAN seguen a subir chegando ao 70% dos gastos militares mundiais, no estado español adícase este ano ao gasto militar 50,98 millóns de euros ao día, recursos que non se dedicarán a problemas reais (laborais, sociais, ambientais, de pobreza) que a sociedade enfronta de cotío.
Mentres se xustifican as intervencións militares por razóns humanitarias (as chamadas misións de paz do exército español custan máis de un millón y medio de euros ao día), realmente so o 0,006% se destina a cuestións humanitarias do gasto total militar. Por cada euro dedicado a investigación sanitaria se dedican 5 á investigación militar.
A base militar da BRILAT, -que ocupa uns montes comunais (arrebatados pola forza durante o franquismo) e se quere ampliar en contra da vontade da veciñanza-, participa na ocupación de Kosovo, Líbano ou Afganistán (so Afganistán supón un gasto de 700 millóns de euros dende 2002).
Dende a Coordinadora de Pontevedra Contra a Guerra apostamos pola saída e futura disolución da OTAN, e pola desaparición da BRILAT e o Exército.