ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 1 de abril de 2009

78 aniversario da II República


A MONARQUÍA É A DITADURA,

A REPÚBLICA SERÁ A DEMOCRACIA




No 78 aniversario da proclamación da República, desde o PCPE e os CJC saudamos o continuo avance do movemento pola República e manifestamos a nosa determinación de seguir loitando para que a III República sexa logo unha realidade.

A monarquía borbónica consagrada pola Constitución de 1978, co rei designado pola ditadura fascista, garante a pervivencia do franquismo con outras formas. A chamada Transición foi un cambio na forma de dominación dos mesmos sectores sociais minoritarios que se ergueron en armas contra o lexítimo goberno republicano. Como republicanos e defensores da democracia, as liberdades e os intereses populares, rexeitamos dita Constitución e o réxime que se sustenta nela. Non nos serven as reformas á Constitución monárquica; é necesario superala mediante unha loita continuada que leve á súa derogación e á apertura dun proceso constituinte coa proclamación da III República.


O continuo deterioro dos dereitos sociais e económicos, coa crecente explotación da clase obreira, e a defensa dogmática da unidade de España, en contra do dereito democrático de autodeterminación dos pobos, son as principais características deste sistema monárquico herdado do franquismo. As consecuencias vémolas diariamente, somos os traballadores e traballadoras, os e as moz@s, e en xeral as clases populares quen pagan co seu salario, o seu emprego e a súa contribución ás arcas públicas a crise capitalista.

Mentres mantemos á familia real con toda clase de luxos, nós temos cada día máis dificultades para pagarnos unha vivenda ou conseguir un traballo digno. Continúa a privatización dos servizos públicos e sociais e o goberno inviste cada vez máis no gasto militar. Baixo o desenvolvemento de novas formas de colonización económica prodúcese o saqueo doutros territorios máis desfavorecidos polas grandes empresas españolas, sobre todo en América Latina, ao mesmo tempo que aumenta o maltrato á inmigración procedente destes e outros países, en percura dunha vida mellor. O sistema xera xenofobia, que reforza aos grupos neonazis e racistas, á vez que a patronal utiliza a inmigración para a obtención de plusvalía coa superexplotación destes traballadores.

O bipartidismo deseñado na chamada Transición para impedir a existencia de alternativas ao réxime que daba continuidade ao franquismo, foise impoñendo e convertendo a suposta democracia nunha farsa, con dous partidos alternantes, o PP e o PSOE, que asumen e defenden a monarquía e o capitalismo neoliberal e impiden unha verdadeira alternativa para a maioría. Chámano democracia e non o é.

A crise capitalista recae sobre a clase obreira, mediante o aumento do paro, os recortes salariais, o abaratamento do despedimento e o empeoramento das condicións laborais. Tamén se suscitan novas privatizacions de servizos públicos, como impón o Tratado de Lisboa, que é a forma que finalmente adoptou a rexeitada Constitución Europea e que, como aquela, resume os intereses da oligarquía europea.

Algúns feitos dos últimos meses amosan a realidade do réxime monárquico. A Lei de Memoria Histórica é unha nova lei de punto final que profundiza no modelo español de impunidade e impide a restitución política, legal e moral das vítimas do franquismo e da transición. Os aparellos do estado lanzáronse abertamente á represión do republicanismo e da crítica á familia real. Agudízase a criminalización da esquerda abertzale, con novas ilegalizacions de candidaturas e o encarceramento de dirixentes políticos. A impunidade da que gozan os grupos ultradereitistas permitiu unha escalada de accions violentas que chegaron ao asasinato.

Fronte a todo isto, a República supón a esperanza de superar un estado limitador dos dereitos democráticos e sociais, e romper definitivamente co retroceso dos devanditos dereitos, o franquismo e os privilexios de oligarquía. Os CJC e o PCPE defendemos unha República de carácter confederal e socialista.

República Socialista para a recuperación da soberanía popular e como garante de liberdades e de xustiza social. Necesitamos un novo estado baseado na democracia participativa da clase obreira e do pobo, ao servizo do pobo e dirixido por este, coa clase obreira á fronte. Habemos de romper cos valores consumistas en aras de fomentar un #achegamento e acceso á cultura de todas e todos. República de carácter confederal, unión voluntaria de pobos libres e soberanos en que se recoñeza o dereito de autodeterminación, para que se garanta o desenvolvemento dos procesos de construción nacional das distintas realidades nacionais que conviven no estado español.

O PCPE e os CJC defendemos o traballo de construción da República desde a base.

O Movemento pola III República ven medrando e pode seguer a facelo.

Saudamos a creación de novos colectivos republicanos unitarios, o traballo da Coordinadora Estatal Republicana e das coordinadoras territoriais e chamamos a loitar unitariamente pola III República, a facer da súa reivindicación a base dun programa político de avance democrático e social, sustentado nos oito puntos do movemento republicano. É necesario, para iso, organizar e desenvolver colectivos republicanos en todo o estado e que estes se coordinen para aumentar a súa capacidade de intervención política.

Este movemento debe arraigarse e implicarse nos problemas populares cotiáns, logrando que a República sexa unha esperanza de progreso e transformación social para sectores cada vez máis amplos do noso pobo, á vez que se van implantando os seus valores desde a base, nun traballo que debe ser unitario e rexeitar todo intento de instrumentalización partidista ou electoral.

Os e as comunistas do PCPE vemos a importancia da unión dos e as mozas, a clase traballadora e as clases populares, na loita para a superación deste réxime monárquico imposto pola ditadura na que se nos obrigou a vivir, condición necesaria para a conquista dun futuro democrático no que sexa posible camiñar cara ao socialismo.

A loita pola III República avanza. Neste 14 de abril debemos conseguir que as mobilizacions unitarias acaden un gran éxito en todo o estado. Poñamos en marcha a nosa capacidade de medrar e organizarnos en aras de conseguir o noso obxectivo: a proclamación da III República.

POLA DEROGACION DA CONSTITUCION DE 1978

POR UN PERIODO CONSTITUINTE REPUBLICANO

POR UNHA REPUBLICA DE CARÁCTER CONFEDERAL E SOCIALISTA

POLA REPÚBLICA, A AUTODETERMINACIÓN E O SOCIALISMO


PARTIDO COMUNISTA DOS POVOS DE ESPAÑA


COLECTIVOS DE XÓVENES COMUNISTAS