ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 16 de abril de 2009

Declaración do grupo europarlamentario do PARTIDO COMUNISTA DE GRECIA KKE




Comunicado de Prensa
Bruxelas, 2/4/2009
Declaración do grupo europarlamentario do PARTIDO COMUNISTA DE GRECIA KKE sobre a despreciable resolución anticomunista do Parlamento Europeo
O europarlamentario do KKE, Thanasis Pafilis, realizou unha declaración en nome do grupo
europarlamentario do KKE sobre a despreciable resolución anticomunista do Parlamento
Europeo. Declarou:
Ningún parlamento, ningunha maioría parlamentaria de representantes e servidores do
bárbaro sistema capitalista, do sistema de explotación do home polo home, pode borrar a

historia das revolucións sociais utilizando a calumnia, a mentira e a falsificación. Esta historia
escribiuse polos pobos e asinárona co seu sangue. Ningunha fronte negra anticomunista pode
eliminar a grande contribución do socialismo, os seus logros sen precedentes e a abolición da
explotación do home polo home. Non importa a cantidade de veleno e porcallada que se verta
contra os comunistas e o poder obreiro, xa que non se pode impedir o inevitable
derrocamento do capitalismo e a súa substitución polo socialismo-comunismo, xa que é unha
necesidade social. A clase obreira mundial ten memoria. Hoxe en día a clase obreira mundial
ve aos comunistas en primeira liña da loita e máis tarde ou máis cedo buscará o seu futuro
xunto aos comunistas.
A resolución conxunta do Partido Popular, os Liberais, os Verdes, a Unión pola Europa das
Nacións tamén foi adoptada polos Socialistas. Igualan fascismo e comunismo, aos réximes
nazifascistas e socialistas de forma vulgar e sen fundamento histórico. A resolución ofende a
memoria dos 20 millóns de soviéticos e miles de comunistas que sacrificaron as súas vidas
para acabar co fillo natural do capitalismo, o fascismo. Ao promover unha deplorable
convocatoria, propón un día de conmemoración conxunta das víctimas e os victimarios. Así
absolven ao fascismo, calumnian ao socialismo e purifican ao imperialismo dos seus crimes
pasados e presentes. Ideológicamente, presentan ao capitalismo como o único sistema
democrático. As forzas políticas que se manteñen equidistantes son amplamente responsables
desta histeria anticomunista, xa que proporcionan unha coartada a esta política oscurantista.
O KKE fai un chamamento á clase obreira e a todo o pobo progresista para que condene o
anticomunismo e aos seus propagandistas. A resistir coas súas loitas a política antipopular da
UE, que aumentou ao aproveitarse da crise económica. A unirse aos comunistas para
enfrontar o ataque aos seus dereitos e loitar pola riqueza que producen así como polo poder
popular.
A resolución anticomunista demostra unha vez máis o carácter antipopular e reaccionario da
UE e os seus organismos. Mostra a necesidade e a obriga das forzas obreiras e populares, da
mocidade, de resistir nas eleccións ao parlamento europeo xunto cos comunistas, que
defenden os seus dereitos con firmeza e coherencia.