ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 1 de abril de 2009

Non loitaban pola democracia


Quen hai setenta anos, no momento álxido da loita de clases, decidiron defender ata as últimas consecuencias a República non loitaban pola democracia burguesa. É un discurso recorrente por parte do poder e das organizacións que, aínda que se digan de esquerdas, están subordinadas ao mesmo. Dinnos que todo está como debería estar, que hoxe temos todo aquilo polo que tantos e tantas entregaron a súa vida.


Quen posúen o poder manipulan o pasado para xustificar o presente. Quitan todo o contido político á Guerra Civil: como se fose un feito anecdótico, unha guerra de bos e malos, e non un exemplo vivo da loita de clases e da vontade dos pobos do Estado Español por ser suxeitos activos na, a súa, Historia.

Hoxe, cando tan de moda están os monumentos, placas e recordos nos cemiterios, os Colectivos de Xóvenes Comunistas queremos denunciar a manipulación histórica que estamos vivindo. Non, non: aquel que está na fosa común non era monárquico. Nin era capitalista. Quen está na fosa común non estaba ao lado dos poderosos. Podía ser anarquista, independentista, socialista, comunista? pero en calquera dos casos loitaba dunha forma sinceira por superar o capitalismo e liberar á clase traballadora e aos pobos que compón o Estado Español.

Naquel momento de 1936, cando maior foi o nivel de conciencia e o compromiso por parte das clases populares e da clase traballadora, o poder recorreu ao fascismo para manter a súa hexemonía. Non ían ter unha vitoria fácil. Os CJC somos conscientes do exemplo heroico que nos legaron quen antes que nós loitaron pola emancipación da clase traballadora, e enfrontaron ao fascismo sen dar un paso atrás.

Cando os CJC recordamos a quen caeron, a quen seguiron loitando, a quen hoxe aínda seguen loitando, acompañados/as xa por nós, non o facemos de forma nostálxica nin conformista. Camaradas que regastes co voso esforzo e sangue a nosa terra, non vos ofrecemos nin poesías nin belas palabras, senón o noso compromiso de que, do mesmo xeito que vós, dedicaremos todo o noso tempo e toda a nosa vida a loitar polo futuro da clase traballadora e a emancipación da mocidade.

Contra o esquecemento e a impunidade
Pola memoria dos pobos
Pola memoria das vítimas
Comisión de República dos CJC
Marzo de 2009
republica@cjc.es




A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución