A
crise estructural, que hoxe sacude ao senil capitalismo mundial, está a
ser xestionada polos partidos do sistema coa colaboración do reformismo
de esquerdas -, contra a clase obreira e os sectores populares. Axudas
ilimitadas para o capital, e 420 euros para o pobo traballador. A
patronal despide, rebaixa salarios, sobreexplota, e o pretexto da crise
servelle para aumentar as súas ganancias levando á clase a unha
situación de auténtica escravitude.
A
reduccción dos dereitos da clase obreira é unha das estratexias
principais do capital para tentar procurar unha saída á crise. Nese
camiño -tras máis dun ano de crise capitalista declarada-, o capital
destrúe emprego masivamente e impón unha rebaixa brutal dos salarios.
O 63% da poboación activa do país gaña hoxe menos de mil euros ao mes!!
Por outra banda o capital ten no recurso á guerra a outra válvula de escape na situación de crise.
Así
o goberno Zapatero aumenta a presencia de mercenarios españois por todo
o planeta, especialmente no Afganistán que é o que ordena o
imperialismo ianqui; e aumenta o gasto militar dun xeito permanente.
Todas
estas estratexias contan co manto protector da monarquía borbónica,
para evitar calquera conflicto social que pretenda modificar o actual
estado de cousas.
A CLASE OBREIRA TEN QUE SE ERGUER
A
resignación -ou a “confianza” en que o sacrificio do pobo vai server
para que o capitalismo volva a recompor a súa situación e regrese ás
condicións de forte crecimento económico de anos atrás -, non serve
para nada e levaríanos á derrota por unha longa etapa histórica.
A clase obreira ten que se erguer e loitar.
Para
que a crise capitalista a paguen os ricos, e non os traballadores, é
necesario que o pobo se dote dunha proposta política á medida dos seus
intereses, e dunha estructura organizativa que dirixa a súa loita con
seguridade cara á vitoria. Por elo hai que impulsar amplas plataformas
unitarias contra a crise capitalista e, ao tempo, reforzar a presencia
do Partido Comunista como vangarda organizada da clase. Esa é a
proposta do PCPE.
O noso programa político frente á crise ten os seguintes eixos principais:
- Nacionalización da banca.
- Non ás privatizacións, retorno dos sectores públicos privatizados
- Nin unha vivenda hipotecada para a banca. Moratoria total en situación de paro.
- Seguro de paro indefinido.
- Protección social para as familias sen traballo.
- Nin unha soa rebaixa nos dereitos adquiridos.
- Non ao gasto militar. Non á participación na guerra imperialista.
- Non á subida dos impuestos ao pobo. Expropiación das grandes fortunas xa.
- Salario mínimo interprofisional de mil euros..
- Pola unidade da clase obreira internacional. Ninguén é inmigrante.
Para
facer avanzar esta proposta hai que unir á clase obreira e trazar unha
estratexia de debilitamento e destrucción dos mecanismos que permiten
hoxe a explotación do pobo sen límites.
Frente
á cumplicidade total da monarquía coa oligarquía parasitaria, a
República será o novo marco no que a defensa dos intereses do pobo
traballador será máis efectiva. Por un período Constituínte
Republicano. Polo dereito de autodeterminación dos pobos. Por unha
república de carácter confederal e socialista.
Vivimos
unha etapa histórica que nos levará á sociedade socialista como única
saída posible para a humanidade frente á barbarie dun capitalismo senil
e en descomposición. Organizar hoxe á clase traballadora para abrir ese
camiño cara ao socialismo, como formación histórica superior ao
capitalismo onde o pobo sexa o grande beneficiario, é xa unha tarefa de
todos os días, e canto antes a comecemos mellor.