Pregunta do eurodiputado do KKE, George Toussas, presentada no Parlamento Europeo.
Denuncia da campaña anticomunista orquestrada polas autoridades polacas
A prohibición dos símbolos comunistas converteuse en lei en Polonia, xa que coa modificación do Código Penal, asinada polo presidente, Lech Kaczynski, de agora en diante consideraranse ilegais. Esta é unha continuación da campaña anticomunista, que iguala o comunismo co fascismo, intenta falsificar a historia e ilegaliza todo o que lembra a construción do socialismo e as conquistas dos pobos. Este é un acto de provocación destinado a procesar a calquera persoa que ofreza resistencia e loite por un futuro mellor. O castigo por infrinxir a lei será unha multa ou un máximo de dous anos de prisión. Medidas similares foron tomadas polos nazis en toda Europa durante a Segunda Guerra Mundial e polas ditaduras fascistas en Grecia, España e Portugal. Estas medidas reaccionarias violan as liberdades fundamentais democráticas e populares e son un insulto aos sacrificios e as loitas de millóns de comunistas e traballadores que caeron en combate por derrotar ao fascismo e ao nazismo.
Pode indicar o Consello se condena esta decisión reaccionaria do Goberno polaco e, máis en xeral, a persecución dos comunistas e os traballadores en xeral?

- PC de Grecia, Denegación de acceso á Franxa de Gaz...
- PC Libanés. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA. Traducido...
- KKE, Declaración sobre a prohibición dos símbolos ...
- Prohibición da simboloxía comunista en Polonia. PC...
- ANTICOMUNISMO EN POLONIA. MOCIDADE COMUNISTA GREGA...
- DECLARADOS NULOS OS DESPEDIMENTOS DE ENFERBUS.
- REVISTA COMUNISTA INTERNACIONAL