Heidi é a propietaria dun bar en Berlín. Como é natural, quere aumentar as vendas, e decide permitir que os seus clientes, a maioría dos cales son alcohólicos no paro, beban hoxe e paguen outro día. Vai anotando nun caderno todo o que consomen cada un dos seus clientes. Este é un xeito como outro calquera de lles conceder préstamos.
Moi axiña, grazas ao boca a boca, o bar de Heidi empézase a encher de máis clientes. Como os seus clientes non teñen que pagar no momento, Heidi decide aumentar os beneficios subindo o prezo da cervexa e do viño, que son as bebidas que os seus clientes consomen en maior cantidade. A marxe de beneficios aumenta vertixinosamente.
Un empregado do banco máis próximo, moi emprendedor, e que traballa de director na sección de servizo ao cliente,decátase de que as débedas dos clientes do bar son activos de alto valor, e decide aumentar a cantidade do préstamo a Heidi. O empregado do banco non ve ningunha razón para preocuparse, xa que o préstamo bancario ten como base para a súa devolución as débedas dos clientes do bar.
Nas oficinas do banco os directivos converten estes activos bancarios en "bebida-bonos","alco-bonos" e "vomita-bonos" bancarios. Estes bonos pasan a comercializarse e a mudar de mans no mercado financeiro internacional. Ninguén comprende en realidade que significan os nomes tan raros deses bonos; tampouco entenden que garantía teñen estes bonos, nen sequer se teñen algunha garantía ou non.
Pero como os prezos seguen a subir constantemente, o valor dos bonos sobe tamén constantemente.
Con todo, aínda que os prezos seguen a subir, un día un asesor de riscos financeiros que traballa no mesmo banco (asesor ao que por certo despiden decontado por mor do seu pesimismo) decide que chegou o momento de demandar o pago das débedas dos clientes do bar de Heidi.
Pero, desde logo, non poden pagar as débedas.
Heidi non pode devolver os seus préstamos bancarios e entra en bancarrota.
Os "bebida-bonos" e os "alco-bonos" sofren unha caída dun 95% do seu valor. Os "vomito-bonos" van lixeiramente mellor, xa que só caen un 80%.
As compañías que fornecen ao bar de Heidi, que lle deron longos prazos para os pagos e que tamén adquiriron bonos cando o seu prezo empezou a subir, atópanse nunha situación inédita. O provedor de viños entra en bancarrota, e o provedor de cervexa ten que vender o negocio a outra compañía da competenci
O goberno intervén para salvar ao banco, tras conversas entre o presidente do goberno e os líderes dos outros partidos políticos.
Para poder financiar o rescate do banco, o goberno introduce un novo imposto moi elevado que pagarán os
abstemios.
.¡Por fin! ¡Unha explicación que entendo!