ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 9 de dezembro de 2009

SOLIDARIEDADE CON AMINETTU HAIDAR




Partido Comunista dos Pobos de España


O COMITÉ EXECUTIVO DO PCPE REITERA A SÚA SOLIDARIEDADE CON AMINETTU HAIDAR E ESIXE AO GOBERNO ESPAÑOL QUE ASUMA AS SÚAS RESPONSABILIDADES CO POBO SAHARAUÍ





O Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España, ante os acontecementos últimos relacionados coa activista saharauí Aminettu Haidar, en folga de fame no aeroporto da illa canaria de Lanzarote, DECLARA que:



1.- Reitera o exposto na súa Declaración do 21 de novembro de 2009 de denuncia da complicidade do Goberno de España coa ditadura marroquí, así como reitera a súa solidariedade con Aminettu Haidar e coa loita do pobo saharauí


2.- O PCPE respecta e comprende a decisión de Aminettu Haidar de manterse en folga de fame ata lograr o regreso á súa patria e ao seu fogar; loitando deste xeito contra a súa deportación co único que lle deixaron, a súa propia vida.



3.- O PCPE denuncia a crueldade e a ignominia dos métodos que os gobernos, español e marroquí, están a utilizar para tentar crebar a vontade de Aminettu, abater a súa moral e vencer a súa resistencia digna e firme. O PCPE rexeita -no concreto-, calquera intento de alimentación forzada dunha persoa que realiza unha folga de fame como forma de loita consciente ante a brutal violación dos seus dereitos fundamentais. Aminettu está respondendo heroicamente á altura da magnitude da agresión recibida.



4.- O Comité Executivo do PCPE chama ao pobo a redobrar as accións de solidariedade con Aminettu Haidar e a súa esixencia de inmediato regreso ao Sahara Occidental. Será a mobilización popular quen obrigue aos gobernos marroquí e español a cancelar o seu acordo para confinar a Aminettu lonxe da súa patria.










5.- O Comité Executivo do PCPE chama a organizar unha mobilización sostida e unitaria para esixir ao Goberno de España que asuma a súa responsabilidade como antiga potencia colonizadora do Sahara Occidental e emprenda as iniciativas necesarias na ONU que leven á culminación do proceso de descolonización. O goberno Zapatero actúa dun xeito subordenado con Marrocos, en función dos intereses económicos de determinados sectores empresariais españois que son os que determinan a súa actuación nesta situación, demostrando que eses intereses económicos están porriba da defensa dos principios do dereito internacional e dos mesmos dereitos do pobo saharauí que este goberno vende de xeito miserable.

6.- Igualmente o Comité Executivo do PCPE esixe o cumprimento das resolucións da ONU sobre o proceso de autodeterminación do Sahara, todas elas incumpridas reiteradamente, tanto por España como por Marrocos.

¡Viva o Sahara libre!



Madrid 7 de decembro de 2009