TERMAVI, PORTO DE VIGO
SOLIDARIEDADE COS 9 DESPEDIDOS!!
Os comunistas do PCPE chamamos solidariedade cos catro traballadores portuarios de carga e descarga despedidos que levan xa máis de 20 horas en folga de fame pechados na cabina dun guindastre a 45 metros de altura.
Denunciamos á Empresa, quen, tras tentar esmagar a folga obrigando a uns servizos mínimos abusivos, négalles a auga para beber aos traballadores en folga de fame e cortoulles xa o subministro eléctrico.
No cuarto día de Folga, que ten un masivo seguimento na empresa, os comunistas queremos amosar a nosa solidariedade cos traballadores portuarios en loita.
Semellantes abusos patronais que contan coa complicidade administrativa requiren expresións unánimes e unitarias de rexeitamento de todos os traballadores e traballadoras.

Teremos máis do mesmo en cada sector da producción, en cada empresa, en cada centro de traballo, en cada territorio, se non somos quen de erguer unha resposta unitaria do conxunto da clase traballadora porriba de siglas sindicais, de distancias xeográficas, de diferentes procedencias nacionais e situacións laborais, porriba dos anacos en que quere dividirnos a Patronal
NON MÁIS DESPEDIMENTOS
NON Á ESCRAVITUDE LABORAL
LIBERDADE SINDICAL
UNIDADE OBREIRA: TOD@S SOMOS OS DESPEDIDOS DE TERMAVI
TOD@S SOMOS A MESMA CLASE TRABALLADORA