ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 1 de junho de 2009

Entrevista de Kaosenlared a Carmelo Suárez, número un da candidatura do PCPE



-Cales son os eixos centrais da vosa campaña?

Hai un eixo central da proposta política do PCPE nestas eleccións que é o carácter imperialista da UE e, xa que logo, a necesidade de confrontar co mesmo e saír del. Creo que esta posición non a defende ningunha outra opción das que concorren ás eleccións.

Ese carácter imperialista da UE analizámolo desde tres eixos:

1.- Intensificación da taxa de explotación: A UE vai configurando un sistema normativo que ten como obxectivo principal abaratar a forza de traballo. En quince dos vinte e sete países membros da UE a xornada laboral semanal ten un límite de 78 horas, a directiva Bolkestein rebaixa os dereitos adquiridos dos traballadores ao nivel dos países con maior taxa de explotación, a flexiseguridade ten como obxectivo a liquidación do dereito do traballo, o aumento da idade de xubilación é outro factor de abaratamento da forza de traballo.

2.- Privatización de todas as actividades: O Tratado de Lisboa -como continuación do Tratado Constitucional- considera os Servizos Públicos como "Servizos Económicos de Interese Xeral". Trátase de privatizar todos os servizos públicos, porque con iso o capital consegue unha clientela cativa que ten múltiples recibos mensuais que abonar en efectivo: auga, luz, televisión, teléfono, educación, sanidade, pensións, etc. Para o capitalismo senil, con dificultades crecentes para manter a reprodución ampliada do capital, isto convértese nunha liña estratéxica para tratar de sobrevivir. Trátase dun simple mecanismo de expropiación da clase obreira e dos sectores populares que ven esclavizados nesta lóxica infernal.

3.- Guerra e terrorismo de estado: Como as dúas grandes estratexias anteriores non son suficientes a oligarquía europea necesita os seus aparellos de violencia. Por unha banda a espionaxe universal, a represión violenta das liberdades, a persecución de calquera disidencia, a tortura e os crimes de estado. Pero por outra o recurso da guerra como estratexia do roubo e do saqueo. Zapatero envía á Armada a patrullar no Índico para garantir o espolio dos recursos pesqueiros por parte da flota pesqueira vasca e logo a operación amplíase coa participación doutros países da UE e esténdese cara ao sur do continente nunha estratexia de cerco militar a África que se complementa na outra beira co Frontex.

Fronte a esas estratexias colócase a proposta política do PCPE, e dos outros partidos comunistas que nos coordinamos, cunha proposta de saída do proxecto imperialista e de construción de procesos socialistas en Europa.
Gustaríanos ver que outras forzas políticas que se reclaman da esquerda se situasen nesta lóxica nas súas análises.


LE A ENTREVISTA COMPLETA: Entrevista de Kaosenlared a Carmelo Suárez