ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 30 de junho de 2009

PONTEVEDRA-CONVOCATORIA URXENTE POR HONDURAS:



CONVOCATORIA URXENTE POR HONDURAS:

CONCENTRACIÓN EN PONTEVEDRA:

MÉRCORES 1 DE XULLO NA PEREGRINA ÁS 20,30H

Sen luz, sen comunicación,

co terror dos tanques na rúa e sen liberdades

- Paremos o golpismo e a barbarie. FORA O EXERCITO DAS RÚAS

- Pola integridade d@s sindicalistas e asociacións populares ameazadas.

- Polo retorno á legalidade e o dereito do pobo hondureño ao exercicio democrático

- RACHEMOS O SILENCIO CÓMPLICE das institucións españolas e dos medios

- Esixamos á UE, ao goberno español e a Xunta que NON RECOÑEZAN AO MONICREQUE DO GOLPISMO.

- Pola retirada do embaixador de España e a ruptura de relacións diplomáticas en tanto non se restitúa a actual lexitimidade democrática representada polo presidente Zelaya.

HONDURAS: IMPERIALISMO NON PASARÁ

O pobo de Honduras está na escuridade. A escuras porque lle foi cortada a enerxía eléctrica e a escuras porque está a soportar un golpe de estado militar fascista que secuestrou e expatriou ao presidente elixido democraticamente polo pobo.

Na liña de profundar nunha maior participación democrática, o Presidente Manuel Zelaya Rosales contou co apoio de organizacións sociais de Honduras, na realización dunha enquisa para o este 28 de Xuño do 2009. Aspiracións democráticas da poboación truncadas polas forzas armadas (ese mesmo día ás 05:00 am) cun Golpe de estado e secuestro do Presidente Zelaya.

Co formato e modus operandi da CIA, este golpe de estado constitúe unha resposta desesperada da oligarquía nacional e a dereita recalcitrante (a mesma que converteu a Honduras nunha república bananeira, base política e militar do imperio norteamericano) por preservar os seus intereses do capital e en especial o das grandes empresas transnacionais, polo que fai uso da forza militar e das institucións do país como o Parlamento, ministerios, prensa neoliberal e outros.

Durante o mandato do presidente Zelaya promovéronse accións que benefician ao campesiñado hondureño, e situouse como defensor da Alternativa Bolivariana das Américas (ALBA); accións que se reforzaban coa enquisa convocada para o derradeiro 28 de xuño. Os dirixentes sindicais e organizacións populares son agora, con este golpe de estado, os primeiros obxectivos de represión e persecución que está sufrir o pobo hondureño.

Non hai dúbidas que nas manobras en contra do pobo de Honduras e o seu Goberno están impulsadas e dirixidas polo imperialismo que pretende reverter o avance popular no continente latinoamericano. Este ataque brutal inscríbese nas accións desestabilizadoras en contra de Venezuela, Bolivia e Nicaragua; na permanente agresión e bloqueo a Cuba e no desprestixio mediático cara a calquera goberno que non sexa obsecuente aos ditados do imperio.

A Coordenadora contra a Guerra de Pontevedra chama a solidarizarse co pobo hondureño pola defensa do seu dereito a determinar libre e democraticamente o seu destino, rachando o silencio cómplice das institucións españolas e dos medios.