ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 9 de junho de 2009

PANDEMIA DO LUCRO


Trátannos como a borregos coa informacion adulterada.
Que intereses económicos se moven detrás da gripe porcina?
No mundo, cada ano morren dous millóns de persoas vítimas da malaria, que se podería previr cun mosquiteiro. E os noticieiros non din nada disto.
No mundo, cada ano morren dous millóns de nenos e nenas de diarrea, que se podería curar cun soro oral de 25 centavos. E os noticieros non din nada disto.
Sarampión, pneumonía, enfermidades curables con vacinas baratas, provocan a morte de dez millóns de persoas no mundo cada ano.
E os noticieros non informan nada?
Pero hai uns anos, cando apareceu a famosa gripe aviaria?
os informativos mundiais alagáronse de noticias! chorros de tinta, sinais de alarma! ¡Unha epidemia, a máis perigosa de todas!... ¡Unha pandemia! Só se falaba da terrorífica enfermidade dos polos. E con todo, a gripe aviaria só provocou a morte de 250 persoas en todo o mundo. 250 mortos durante 10 anos, o que dá unha media de 25 vítimas por ano.
A gripe común mata medio millón de persoas cada ano no mundo. Medio millón contra 25.
Un momento, un momento. Entón, por que se armou tanto escándalo coa gripe dos polos?
Porque atrás deses polos había un "galo", un galo de espolón grande. A farmacéutica transnacional Roche co seu famoso Tamiflú vendeu millóns de doses aos países asiáticos.
Aínda que o Tamiflú é de dubidosa eficacia, o goberno británico comprou 14 millóns de doses para previr á súa poboación. Coa gripe dos polos, Roche e Relenza, as dúas grandes empresas farmaceúticas que venden os antivirais, obtiveron miles de millóns de dólares de ganancias.
-Antes cos polos e agora cos porcos.

-Si, agora comezou a sicose da gripe porcina.
E todos os noticieiros do mundo só falan disto?

-Xa non se di nada da crise económica nin dos torturados en Guantánamo?
-Só a gripe porcina, a gripe dos porcos?
-E eu pregúntome: se atrás dos polos había un "galo" atrás dos porquiños non haberá un gran porco?? Miremos o que di un executivo dos laboratorios Roche:
ROCHE : A nós preocúpanos moito esta epidemia, tanta dor! por iso, pomos á venda o milagroso Tamiflú.
-E a canto venden o milagroso Tamiflú?
-Ben, vexamos? 50 dólares a caixiña.
-50 dólares esa caixiña de pastillas?
-Comprenda, señora, que? os milagres páganse caros.
-O que comprendo é que esas empresas sacan boa tallada da dor allea!
A empresa norteamericana Gilead Sciences ten patentado o Tamiflú. O principal accionista desta empresa é nada menos que un personaxe sinistro, Donald Rumsfeld, secretario de defensa de George Bush, artífice da guerra contra Iraq. Os accionistas das farmaceúticas Roche e Relenza estánse a frega-las mans, están felices polas súas vendas novamente millonarias co dubidoso Tamiflú.
A verdadeira pandemia é o lucro, as enormes ganancias destes mercenarios da saúde.
Non negamos as necesarias medidas de precaución que están tomando os países. Pero se a gripe porcina é unha pandemia tan terrible como anuncian os medios de comunicación, Se á Organización Mundial da Saúde lle preocúpa tanto esta enfermidade, por que non a declara como un problema de saúde pública mundial e autoriza a fabricación de medicamentos xenéricos para combatela? Prescindir das patentes de Roche e Relenza e distribuír medicamentos xenéricos gratuítos a todos os países, especialmente os pobres. Esa sería a mellor solución.