ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 16 de março de 2010

COMUNICADO CONXUNTO DOS COMUNISTAS ASTURIANOS




Comunicado de Prensa conxunto do Partido Comunista de Asturias (PCA / PCE) e do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

ANTE A PRESENZA EN OVIEDO DE PERT SIMERKA, MINISTRO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS DA REPUBLICA CHECA.

Os días 17 e 18 de marzo celebrarase en Oviedo a "Conferencia sobre desprazamento de traballadores e dereitos laborais", no marco da Presidencia española da UE, na que participará o Ministro de Traballo e Asuntos Sociais da República Checa, Pert Simerka.

Na República Checa, o Senado creou unha comisión para examinar a constitucionalidade do Partido Comunista de Bohemia e Moravia, ao que pretenden condenar pola súa posición marxista. A resolución da citada comisión foi irregularmente aprobada polo Senado, ao non contar co quórum necesario, pedindo ao Goberno Checo levar o caso ante o Tribunal Supremo nun intento de suspender e ilegalizar as actividades do PCBM.

Do mesmo xeito que ocorreu primeiro coa Unión da Mocidade Comunista Checa (KSM), á que trataron de ilegalizar por defender a propiedade social dos medios de produción, o Goberno dereitista Checo acosa agora á terceira forza política do país, nunha constante campaña anticomunista que viola os máis básicos dereitos políticos do pobo checo.

As accións tendentes a ilegalizar aos comunistas checos forman parte da campaña anticomunista posta en marcha pola oligarquía europea, que trata de frear o avance das posicións da Esquerda antagonista en Europa, para manter á clase obreira en condicións de escravitude asalariada e de facer pagar á maioría traballadora os efectos da crise capitalista. Ante esta campaña sectaria e excluínte, amplamente compartida polas forzas dereitistas e socialdemócratas defensoras da Unión Europea dos monopolios, as e os comunistas de Asturias, declaramos o noso rexeitamento á presenza na nosa terra do Ministro de Traballo Checo, que responde aos intereses reaccionarios dun goberno antidemocrático, e a nosa solidariedade incondicional cos comunistas checos; a nosa vontade de proseguir a loita contra esta nova caza de bruxas macarthista na UE e polo fortalecemento e coordinación dos Partidos Comunistas e Obreiros en Europa.

O PCA e o PCPE expresan o seu rexeitamento ao modelo imperialista da UE e a súa solidariedade cos traballadores desprazados para servir aos intereses do Capital, especialmente aos traballadores inmigrantes, duramente reprimidos por unha UE reaccionaria ao servizo daquel.

Oviedo, a 16 de marzo de 2.010.

Partido Comunista de Asturias.                                          Partido Comunista dos Pobos de España.