ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 9 de março de 2010

Xa dispoñible a versión impresa en castelán da Revista Comunista Internacional.



O primeiro número da Revista Comunista Internacional, iniciativa conxunta das revistas teóricas de varios Partidos Comunistas, entre elas Proposta Comunista, do PCPE, xa se pode adquirir en papel ao prezo de 10 euros. Este documento histórico marca o inicio dunha máis estreita colaboración teórica, política e ideolóxica das organizacións que manteñen os principios do marxismo-leninismo no seo do Movemento Comunista Internacional.

Os Partidos promotores da RCI estimamos necesario dedicar o primeiro número da Revista Comunista Internacional á actual crise económica capitalista internacional, que sinala os límites históricos do sistema capitalista e acumula material explosivo que pode contribuír aos procesos revolucionarios nos vindieros anos.

A Revista pode adquirirse en España mediante compra directa nos actos de presentación que se realizarán nos próximos meses, así como en calquera local do PCPE ou mediante subscrición dirixíndose á dirección propuestacomunista@pcpe.es