ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 3 de março de 2010

En Cuba non hai maltrato a presos

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA
  “FRANCISCO VILLAMIL” 
En Cuba non hai maltrato a presos

Medios de comunicación que militan dende hai anos contra a independencia de Cuba, o seu dereito a procurar a xustiza a igualdade e o traballo común por se dotar de leis propias, perden nesta hora as formas editoriais e lanzan unha campaña de graves incorreccions políticas contra a Revolución.
O pretexto é a morte nun hospital do preso Orlando Zapata cando estaba a ser tratado das secuelas dunha prolongada folga de fame. A Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” quer rectificar algunhas afirmacións saidas da máis intransixente militancia anti-comunista e espalladas nesta hora con irresponsabel impaciencia por ventiladores públicos e privados.

1º A cualificación de “martir da oposición” é unha tráxica burla contra o home que ven de perder a vida a pesar dos esforzos do sistema médico cubano. Orlando Zapata era un preso común que fora posto en liberdade baixo fianza no ano 2003 despois de ser procesado polos delitos de "violación de domicilio" (1993), "lesións menos graves" (2000), "estafa" (2000), "lesións e tenencia de arma blanca" (2000), feridas e fractura de cráneo ao cidadán Leonardo Simón, con machete, como tamén por "alteración da orde" e "desordes públicas" (2002), entre outras causas.  A oportunidade de se presentar como vitima do sistema legal cubano, levara a Zapata a tratar sucesivamente con catro grupos politicos opositores sen dar formalizado o ingreso ou a organización en ningún deles.

2º Pregoeiros debedores de partidos manifestamente reaccionarios, lanzan a orde de intervir contra Cuba polo feito lamentabel da morte de Orlando Zapata cando os médicos batallaban por lle salvar a vida. Esquecen que dende hai cincuenta e un anos, os governos dos Estados Unidos causan a Cuba graves danos mediante a negación da súa soberanía, a inxerencia nas súas relacións co mundo e por man de accions terroristas contra o Estado da Revolución. A que nova intervención se refiren eses medios cando reclaman novos castigos contra o povo de Cuba?

3º No último informe anual de Amnistia Internacional, os Estados sinalados como “obxectivos prioritarios” polas violacións de dereitos humanos son España, Chequia, Colombia, Estados Unidos, Israel e Mexico.  Pola contra, AI recoñece nese sumario anual que en Cuba “non hai maltrato a presos”. Se os primeiros acusan a Cuba nesta hora de confusión interesada, será coa vana e desleal esperanza de transmitir a outros os graves vicios que eles mesmos padecen.
 
CONTRA O TERRORISMO MEDIATICO, MÁIS REVOLUCIÓN¡
VIVA CUBA¡ 
                                                           GALIZA  3  DE  MARZO  DE 2010