ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 15 de setembro de 2010

FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL APOIA FOLGA XERAL DO 29s

FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL







Atenas, 13 de setembro de 2010



















¡APOIAMOS Á CLASE OBREIRA ESPAÑOLA!







En nome dos 72 millóns de afiliados da FSM en 110 países de todo o



mundo expresamos o noso pleno apoio á clase traballadora e ao pobo de España,



que son vítimas do ataque do capitalismo europeo e mundial.







Hoxe este mesmo ataque sófreno os traballadores de todo o planeta. Por iso



o pasado 7 de setembro, a Federación Sindical Mundial convocou un



Día Internacional de Acción, que foi un gran éxito en todo o mundo.



Numerosas iniciativas e mobilizacións tiveron lugar durante este día en países



como a India, Nepal, Vietnam, Bangladesh, a RPD de Corea,



Palestina, Congo, Sudáfrica, Grecia, Chipre, País Vasco, Portugal, Francia,



México, Panamá, Costa Rica, Porto Rico, Colombia, Chile , Arxentina,



Uruguai e moitos outros.



Centos de miles de traballadores de todo o mundo uniron as súas voces neste



día Internacional de Acción para esixir unha saída á crise, para que



os traballadores non paguen a crise do capitalismo.



Esta exitosa iniciativa reforzará aínda máis o prestixio e o novo rumbo da



FSM, do mesmo xeito que as loitas en España van reforzar ao sindicalismo de clase



no seu país.



Desde a Federación Sindical Mundial apoiamos aos sindicatos de clase



españois que, denunciando as manobras da CES, Confederación Europea



de Sindicatos, loitan para que en España e no mundo avance o



sindicalismo de clase.















O SECRETARIADO



















40, Zan Moreas street, Athens 11745 GREECE



Tel. 302109214417, 302109236700, Fax 30210 9214517



www.wftucentral.org E-mails : info@wftucentral.org,



international@wftucentral.org