Estimados compañeiros,
En nome da Secretaría Executiva enviámoslles saúdos militantes
do movemento sindical de clase do noso país, de apoio á Folga que
convocaron as Organizacións Sindicais de España para o 29 de setiembre.
A nosa loita é común en contra dos ataques que reciben os
traballadores aos seus dereitos por parte do capital e os gobernos da
Unión Europea.
Estimados compañeiros,
A orientación que deu a CES, Confederación Europea de Sindicatos,
aos Sindicatos a ela afiliados, é socavar as loitas dos
traballadores. Fano os dirixentes socialdemócratas e os conservadores
en Grecia. Tamén o fan en España.
Estimados compañeiros,
pasaron 11 anos desde a fundación de PAME, dentro dun contexto
de aumento dos ataques do capital e dos seus representantes políticos. Os
traballadores e os opositores da clase obreira gregos recoñecen no
PAME o seu papel de liderado na organización das loitas para que o
pobo non empobrezca e que a crise páguea a plutocracia.
Confiamos que en España máis pronto que tarde haxa unha gran e forte
actividade sindical de clase que se some ás loitas dos traballadores
europeos contra os ataques do capital.
VIVA A SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL
Saúdos Fraternos
A Secretaría Executiva
PAME-FRENTE MILITANTE DOS TRABALLADORES DE GRECIA