
Emilio Botín: Amo do Banco Santander. 432 máis rico do mundo 2200 millóns de $ de patrimonio
Rafael do Piñeiro Jr: Amo de Ferrovial. 79 máis rico do mundo 8600 millóns de $ de patrimonio
Amancio Ortega: Amo de Inditex 8 máis rico do mundo 24.000 millóns de de $ patrimonio
A outros tamén lles gusta. Quen son e canto gañan?
Nicolas Sarkozy:Presidente de Francia . 240.00 ao ano. (ven de subirse un 140%)
Cesar Alierta: Presidente de Telefónica.3 millóns de euros ao ano
Francisco González: Presidente do BBVA. 20 millóns de euros ao ano
Agora hai Crise?
Onde está a PASTA?
Quérennos facer pagar a CRISE!
Que a crise a paguen os ricos!
CAMPAÑA UNITARIA CONTRA AS 65h.
Pola retirada da directiva do retorno!
NON ás 65 horas semanais
Algunhas Razóns para dicir NON as 65 horas!!!
A semana laboral de 48 foi aprobada no 1917, despois de grandes loitas que custaron a morte de miles de traballadores e traballadoras
1: Porque pretenden facernos retroceder un século!
2: Se hai máis Paro, non se tería que repartir o traballo? 35 HORAS AGORA!!
3:Se hei de tratar individualmente cos “xefes” “en privado” vou de cú!
A Directiva das 65 horas promociona os acordos privados traballador-empresario, atacando unha das máis grandes conquistas dos traballadores: o dereito á representación e negociación colectiva.
4: Pensas que ao Sector público non lle vai afectar?
O aumento de duración da xornada é un complemento necesario das políticas de privatización dos servizos públicos, que van da man da precarización das condicións laborais e a deterioración dos servizos.
5:Coa directiva das 65 horas a conciliación da vida laboral e familiar será imposible. Só imos ir á casa durmir?!.
6:A Directiva non é algo lonxano. Se se aproba o seu efecto será inmediato. Os empresarios poderán subcontratar persoal de países onde se aplique e o que é máis grave, ameazarannos con deslocalizar as empresas. Tamén haberá empresarios que poderán aplicala en España con axuda do Tribunal Europeo.
Que pensas? Que a ti non che vai tocar?
Podemos parar esta ofensiva do Capital!
Infórmate!
Sae á rúa!
eles xa decidiron por nós
acudide ás mobilizacións convocadas pola CIG para o 7 de outubro:
A MARIÑA: ás 11.00, no concello de Cervo
A CORUÑA: ás 12.00, diante da subdelegación do goberno
FERROL: ás 12.00, diante da Xunta de Galiza na Praza de España
LUGO: ás 12.30, diante da subdelagación do goberno
OURENSE: ás 11.30, diante do edificio sindical
PONTEVEDRA: ás 12.30, diante da subdelegación do goberno
SANTIAGO: ás 12.30, na praza de Galiza
VIGO: ás 12.00, diante do Pavillón do Berbés