
FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
Axudan ás persoas ou os bancos?
¡4 verdades!
PRIMEIRA
Os gobernos dos Estados Unidos e a Unión Europea anunciaron programas de rescate de 3 trillons de euros para os bancos! Onde atopan sumas tan elevadas?, de onde as obteñen e a quen as outorgan?
Eses 3 billóns de euros obtéñense a partir dos impostos dos cidadáns e especialmente dos traballadores, e danse aos banqueiros. Nos bancos capitalistas. Esa é a verdade.
SEGUNDA
O seu argumento é que están dando esas grandes sumas aos bancos para axudar aos prestatarios. Se é así, por que non llas dan directamente aos prestatarios, no canto de darllas aos bancos?
Por que non darllas aos desempregados e persoas que padecen fame? A verdade é simple: porque queren apoiar os beneficios dos bancos.
TERCEIRA
Mentres o capital mantén o poder e os beneficios, os traballadores serán cargados con novos problemas. O maior deles será o DESEMPREGO. Volvo xa anunciou despedimentos en Suecia. General Motors en Detroit anunciou despedimentos e o mesmo fixo Air India en Nova Deli.
CUARTA
Os EE.UU. sairán desta crise capitalista sen danar o seu prestixio e condición de todopoderoso. Tras o fracaso da súa política en Iraq, en Afganistán, no Cáucaso, en Oriente Medio, agora obtiveron unha derrota no plano económico.
FSM
Atenas