ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 14 de outubro de 2008

DA OLIVEIRA DE TEO




COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA

MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA

NOTA DE PRENSA

CENTENARIO DO NACEMENTO DE FOUCELLAS

Benigno Andrade García "Foucellas", o máis lendario e popular dos guerrilleiros antifranquistas galegos, naceu o 22 de outubro de 1908 na aldea de As Foucellas , parroquia de Cabrui, do concello de Mesía. Traballou no campo, nunha leitaría, nas minas de carbón de Fabero (O Bierzo) e nun aserradeiro de Curtis. Detivérono o 9 de marzo de 1952 en A Regueira (Oza dos Ríos) onde construíra unha cova-refuxio. Foi executado a garrote vil o 7 de agosto de 1952 no cárcere da Coruña. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de San Amaro nunha foxa común.

Con motivo do centenario do nacemento de Foucellas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, a Asociación Cultural Obradoiro da Historia, de Ordes´, e a Asociación Cultural Eira Vella, de Betanzos, organizan diversos actos para homenaxear a todas as persoas que loitaron pola liberdade e a democracia; a miles de heroes anónimos da Resistencia antifascista galega, mortos, torturados, desterrados, encadeados, represaliados e perseguidos por defenderen a legalidade democrática da II República.

1. As actividades comezarán en Curtis o xoves, 23 de outubro, ás 19,30 horas na Casa da Xuventude e contará coa presenza de Pepiña, filla de Foucellas.

2. O venres, 24 de outubro, ás 20,30 horas, haberá outro acto na Casa da Cultura de Ordes.

3. O sábado, 25 de outubro, haberá un roteiro polos lugares da guerrilla da comarca, con saída en autobús ás 15,30 horas do cárcere da Coruña e parada en Betanzos ás 16,15 horas na praza do Campo. Ao final da xornada, ás 21 horas, haberá un acto no Liceo de Betanzos e, finalmente, unha cea.

4. No mes de novembro haberá en Betanzos unha semana de cine sobre a guerrilla galega antifranquista.

En todos os actos haberá unha homenaxe ás familias represaliadas, lectura de poemas, presenza de vellos guerrilleiros, intervencións de historiadores, gaiteiros, actuación do grupo A Quenlla.

Estas actividades contan coa colaboración do Ministerio da Presidencia, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Concellaría de Cultura do concello da Coruña, Deputación da Coruña, concellos de Ordes, Oroso, Melide, Arzúa, Vilasantar, Mesía e Asociación Bieito Fandiño.

Pregamos a difusión do seguinte teléfono de contacto para apuntarse ao autobús do día 25, que será gratuíto: 645029338.