ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 2 de outubro de 2008

CONTA SOLIDARIA CON CUBA

DA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL
Conta solidaria para paliar os efectos dos furacáns

A Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", ven de habilitar unha conta de solidariedade para recibir as aportacións voluntarias de as persoas que queiran colaborar coa reconstrucción das areas afectadas polos recentes furacáns que asolaron Cuba.
O Goberno da illa asistiu en tempo con recursos materiais das súas reservas aos territorios máis castigados polos furacán. Xunto destas asistencias materiais, manifestouse un exercicio da solidariedade popular que é unha das primeiras divisas da formación en Cuba dende os comezos da Revolución.
Ao tempo, gobernos, organismos e institucións de todo o mundo estableceron contacto para o envío de axuda urxente.
Dende Galiza, a "Francisco Villamil" invita a colaboración nos traballos de recuperación en forma de aportacións a unha conta na que a propia Asociación fixo un ingreso de 5.000 €, procedentes do traballo solidario da institución.
A conta esta residenciada en Caixa Galicia e ten o número 2091 0374 37 3040006520
No rubro CONCEPTO debe especificarse: POR CUBA
Para máis información sobre a iniciativa pódese escribir ao correo da Asociación galegocubana@gmail.com