ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 30 de outubro de 2008

laboral


CIG CONVOCA



MANIFESTACION O 3 DE NOVEMBRO AS 20, VIGO.POLA DEFENSA DO EMPREGO NA AUTOMOCIÓN



CIG INFORMA

Os mandamais da Caixa Galicia súbense os salarios un 69% neste 3 anos, e a Consellería de Economía fai a vista gorda. Reconversión, bancarización encuberta e pelotazo, comenta a CIG



Folga o 3 de Novembro contra a represión sindical en Lorenzo Froiz, esta vez sanción con intencións intimidatorias contra a compañeira Lucía Freire presidenta do Comité de Empresa. Meter medo para que non nos organicemos e así facernos pagar o pato da crise comenta a CIG



Despedimento e maltrato da traballadora subcontratada de DAPOR da carnicería Hiperxel na Area Central de Santiago, por reivindicar melloras laborais e cumplimento do convenio en canto a horarios, seguridade, etc. Eses ilegais, multados pola Inspección de Traballo, pecharona na oficina e fixerona obxecto de ameazas e coaccións para obrigala a asinar a liquidación.CIG chama ao boicot: NON MERQUEDES EN HIPERXEL.



FAURECIA auxiliar da Citroen, mobilízase outra vez diante da Delegación de Traballo. Contra o ERE e acomplicidade institucional da Inspección de Traballo e a Consellería. ERE con 9.000.000 de euros de beneficio no último exercicio?!!



CUT INFORMA



6 DE NOVEMBRO folga do Naval en solidariedade cos traballadores Emilio, Daniel, Iván e Xosé, detidos na última Folga, para quen piden 4 anos e pago de danos, co obxeto de escarmentar ao sector e acojonar cara a negociación do convenio. Serán xulgados no Xulgado do Penal nº 1 de Vigo o 6 de Novembro ás 10 da mañán. Acudamos ao Xulgado.