O Estado está a tramitar até 15 novos encoros no Miño e no Sil. Segundo ADEGA a Xunta aínda non publicou o Plano Reitor de Uso e Xestión deste Lugar de Interese Comunitario . A inexistencia deste plan é o que permite que os informes da Xunta non sexan vinculantes. Por iso, malia a promesa de Touriño e o pacto unánime do Parlamento Galego, o Estado pode autorizar as novas explotacións.
“Coa súa desidia e incompetencia, a administración ambiental galega está a poñer en risco o obxectivo principal para o que foi criada: a protección e conservación do noso patrimonio natural, converténdose de feito nun dos principais factores da súa degradación” acusan os ecoloxistas.