O rei disporá de 9 millóns de euros en 2009, un 2,7% máis que neste exercicio A Constitución permite ao Xefe do Estado distribuílo libremente entre a súa familia
EFE - Madrid - 30/09/2008 11:45
A Casa do Rei disporá o próximo ano de 8,90 millóns de euros, o que supón un incremento do 2,7 % respecto ao exercicio actual, segundo o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado presentado hoxe no Congreso polo vicepresidente económico, Pedro Solbes.
Nas contas públicas do 2008 a Xefatura do Estado tiña 8,66 millóns de euros, un 4,5% por encima do fixado no ano 2007.
Así, a partida destinada á Casa do Rei increméntase menos que no último exercicio e pasa ao 2,7 %.
A Constitución establece que o Rei recibe dos orzamentos xerais do Estado "unha cantidade global para o sostemento da súa familia e da súa casa, e distribúe libremente a mesma".