ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 19 de outubro de 2008

bolonia non


OS CJC ANTE A CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓN ESTUDANTIL PARA O 22 DE OUTUBRO MANIFESTAN:

Desde os CJC apostamos pola mobilización da mocidade estudantil contra os procesos de privatización que tanto desde o Estado español como desde a Unión Europea atacan frontalmente as conquistas estudantís en materia de educación pública e de calidade. Un dos maiores ataques contra os devanditos dereitos e conquistas é o Plan de Bolonia, o EEES.

Entendemos que a mobilización non pode vir imposta, sen contar cos e as estudantes, sen un traballo previo nos centros de estudo nos que se informe á o estudantado do que supón este plan co fin de que tomen conciencia sobre a importancia de loitar contra este, traballando dese xeito só conseguimos pór pedras no noso propio camiño, torpedeando a potencialidade do movemento estudantil.

Apoiamos e participamos activamente nas loitas polos dereitos dos e as estudantes cun traballo desde a base, desde as asembleas de centro, sendo nós , os e as estudantes, quen decidamos que facer en cada momento, coordinándonos con outras facultades e centros. Todo isto axudaranos a enfrontarnos a estes plans neoliberais en mellores condicións e así, só deste xeito, seremos capaces de facer retroceder á UE imperialista nos seus plans privatizadores.

O EEES supón o ataque máis perigoso dos últimos anos contra os e as estudantes que procedemos de familias de clase obreira. Con esta medida de privatización quérennos vender a moto de que se nos abren as portas a Europa, cando o único que fai este plan é impedirnos compatibilizar o estudo co traballo (algo que para moitos de nós é imprescindible para poder custearnos os estudos). O novo sistema de créditos é outra burla cara aos estudantes, que conduce á elitización da universidade e a depreciación das titulacións, o que xunto á progresiva substitución de bolsas por créditos-bolsas perpetúa en definitiva un modelo educativo dirixido a ofertar os estudos de posgrao e master aos fillos das familias de maior poder adquisitivo á vez que o papel dos e as fillas das familias traballadoras como man de obra barata para o precario mercado laboral refórzase nun momento de crise bestial do sistema de explotación capitalista.

Os CJC reiteramos o noso compromiso coa loita por un ensino público, laico, científico e de calidade que nos asegure un futuro digno. Por iso os CJC apoiaremos todas aquelas mobilizacións e accións que á calor desta convocatoria ou fóra dela xurdan do traballo unitario, de base e do contacto co estudantado. Porque o presente é de loita, pero o futuro é noso.


POLA MOBILIZACIÓN UNITARIA E DESDE A BASE
NON AOS PLANS PRIVATIZADORES NA UNIVERSIDADE
NON AO EEES
ORGANIZATE E LOITA


Comité Executivo dos CJC (Colectivos de Xóvenes Comunistas)
Comisión Central de Estudantes dos CJC
estudantescjc.es


19 de Outubro do 2008