ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 14 de outubro de 2008

ERE E DESPEDIMENTOS EN MASA


C.U.T. : MÁIS UNHA VEZ, OS TRABALLADORES PAGAMOS A CRISE DOS RICOS: REGULACIÓN DE EMPREGO EN FAURECIA ASIENTOS GALICIA. VER INFORMACIÓN NA PÁXINA DA CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES

COMEZOU A LOITA EN FAURECIA


A empresa auxiliar do sector naval Celso Román Electricidade, con sede en Moaña, despediu onte a todos os seus traballadores, en total, uns 49 operarios. Os traballadores recolleron esta mañá a carta de despedimento e reuniron en asemblea cos representantes sindicais para analizar a situación e afrontar a súa recolocación.

Segundo confirmou esta mañá en RadioVoz Vigo (103,8 FM) Enrique Fernández Oliveira, de CIG Metal, o despedimento produciuse xa que a empresa atópase en quebra técnica tras unha mala xestión que lles levou a acumular débedas e ata debe as nóminas de setembro e os días traballados en outubro aos empregados.

Na asmblea celebrada esta mañá o estaleiro ofreceu recolocar á metade dos traballadores, 18 deles en Polyships e os outros seis en Metalships, pero os traballadores aseguran que non aceptarán os postos ata que os 49 operarios sexan recolocados. Por iso, convocaron un calendario de mobilizacións e asembleas que comezará mañá cunha concentración nas portas do estaleiro ás sete e unha asemblea ás doce.