ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 21 de julho de 2009

25 de xullo 2009


25 de xullo 2009 AUTODETERMINACIÓN

O exercicio dese dereito históricamente nos foi negado e segue a sernos arrebatado polo estado oligárquico e imperialista da monarquía legataria do franquismo; Mais que nunca hoxe, plenamente integrado como está na UE e as súas estruturas, instrumento das oligarquías de Europa contra os traballadores e os pobos.


LIQUIDACIÓN DO GALEGO , MOI GRAVE.- ESMAGAMENTO DO POBO E A CLASE QUE O FALA, GRAVÍSIMO. ¿ DOUS FEITOS DISTINTOS OU O MESMO FEITO?


Vai facendo falta unha lectura máis materialista e máis de clase da contrarreforma lingüística fascistizante, esa feijoada promovida desde a dereita máis vinculada á oligarquía española e internacional.


Un culturalismo intelectual honesto reivindica con pleno dereito o galego como patrimonio da humanidade e o galego como obra de arte colectiva. Sendo verdade, o certo é que o galego sobreviveu longas noites de opresión porque foi usado non como obra de arte ou patrimonio inmaterial; foi usado como ferramenta con un alto valor práctico e instrumental, e foi usado, e o é, por que o falaron, o falamos, A INMENSA MAIORÍA DO POBO, É DECIR, OS TRABALLADORES.

Qué puido ocorrrer para que entre os traballadores e traballadoras tales medidas promovidas desde a dereita máis sinistra e corrupta, estean acadando un grao de resposta social menor do que esa ofensiva xustifica, e mesmo un certo grao de acatamento e consenso social?

Quizáis moitos sen sabelo estamos a preparar aos fillos e netas para traballar de camareiras no garito turístico, papel asignado á Galiza no novo Reich da Unión Europea do Capital.( O outro Reich, o IIIº, tíñanos asignado o de productores de patacas. Estes, nin eso). Quizáis preparando aos fillos e fillas para o éxodo. Para marchar fora ou para traballar nos HOTEIS, BINGOS, CASINOS E CAMPOS DE GOLF, un sentido común de derrotados nos mostra ao castelán e ao inglés, linguas imperiais, linguas de países ricos, como as ferramentas máis axeitadas. Neno fala inglés (fala útil) que tes que te abrir camiño na vida (na vida da escravitude asalariada e da exclusión social)


O que está baixo das patas dos cabalos do capitalismo e do imperialismo é a FERRAMENTA das nosas clases populares . Moito antes que ese decretazo criminal o que está a dar morte ao galego é a liquidación e ruina física da clase que o fala e lle da vida:


Liquidación do sector labrego , gandeiro e mariñeiro: monopolización, dumping imperialista, peche de explotacións agrícolas e gandeiras, liquidación do sector mariñeiro, desertización do rural.

Liquidación do sector industrial : ETTs , EREs,despedimento libre e gratuito, precarización, deslocalización e peche de empresas. “Postos de traballo, na nosa terra”, adquire unha actualidade apremiante.


Fan falta, qué dubida cabe, loitas culturais e políticas culturais progresistas. Pero a batalla polo galego é unha batalla social. FALEMOS DO GALEGO, PERO SOBRE TODO FALEMOS EN GALEGO DE COMO ACADAR A UNIDADE DOS TRABALLADORES NA PERSPECTIVA DA FOLGA XERAL.


Fainos falta unha democracia socialista que faga fronte ao racismo e á exclusión, que defenda a liberdade dos pobos e a liberdade dos traballadores, que loite con políticas sociais reais fronte ao paro, a miseria e a explotación


AUTODETERMINACIÓN – REPÚBLICA- SOCIALISMO

comunistasdagaliza@gmail.com